Mostaza máis ca un molloCompostos bioactivos e a súa repercusión na saúde

  1. M. Figueiredo-González 1
  2. C. González-Barreiro 1
  3. B. Cancho-Grande 1
  4. J. M. Domínguez 1
  5. A. Paz 1
  6. Reboredo Rodríguez, Patricia
  1. 1 Universidade de Vigo
    info

    Universidade de Vigo

    Vigo, España

    ROR https://ror.org/05rdf8595

Libro:
Proxectos INOU 2023: Investigación aplicada na provincia de Ourense

Editorial: Vicerreitoría do Campus de Ourense ; Universidade de Vigo

ISBN: 978-84-1188-035-0

Ano de publicación: 2024

Páxinas: 119-149

Tipo: Capítulo de libro

Resumo

O uso de plantas medicinais como terapia complementaria ou alternativa á medicina convencional é frecuente en todo o mundo, e preto do 80 % da poboación mundial prefíreas como primeira opción de tratamento. Este interese polos produtos naturais está ligado á procura de alimentos funcionais que poidan tratar enfermidades de forma segura e eficaz, impulsando a investigación de fontes naturais de compostos bioactivos. En Galicia, o uso de herbas medicinais sempre estivo arraigado na cultura popular, transmitíndose oralmente ao longo das xeracións. Aínda que a eficacia destas herbas non está cientificamente probada, en moitos casos, os seus compoñentes químicos poden inducir respostas beneficiosas, ofrecendo pistas para o descubrimento de medicamentos eficaces. Un exemplo destas plantas é a mostaza, utilizada tradicionalmente na medicina popular para tratar enfermidades como as cardiovasculares e a diabetes mellitus. Neste senso, as sementes da mostaza son ricas en nutrientes, incluíndo ácidos graxos omega-3, vitaminas e compostos fenólicos, que teñen propiedades antioxidantes e potencial neuroprotector. Ademais, os compostos fenólicos tales como os ácidos hidroxibenzoicos e hidroxicinámicos, e os compostos non flavonoides, están asociados a unha variedade de actividades biolóxicas, incluídas a actividade antimicrobiana e a inhibición de enzimas relacionadas coa enfermidade de Alzheimer. Tamén esperta interese o seu alto contido en lípidos ricos en ácidos graxos monoinsaturados, e que están estreitamente relacionados coa saúde cardiovascular. Diferentes estudos suxiren que o aceite de mostaza pode usarse como ingrediente funcional nas dietas e mesmo como axente antimicrobiano nos alimentos. Por iso, este estudo pretende analizar a composición química das sementes de mostaza e do seu aceite, especialmente os compostos fenólicos, avaliar a súa actividade neuroprotectora e investigar a posibilidade de obter novos compostos antimicrobianos. Esta investigación pode proporcionar información valiosa sobre o uso potencial da mostaza na industria alimentaria e farmacéutica.