Legal notice
FINS DO PORTAL
O Portal da Investigación da Universidade de Vigo é un sistema de información que permite explorar a estrutura do I+D+i, localizar expertos nun campo de investigación científica e acceder aos resultados da investigación que se desenvolven na Universidade de Vigo.
Acceder ao Portal, implica aceptar as condicións de uso que se expoñen a continuación.
ACCESO
O acceso aos contidos da Web, farase de acordo á política que estableza a Universidade de Vigo.
A Universidade de Vigo, poderá modificar, en calquera momento e sen previo aviso, a información contida no sitio web, e poderá desactivar e/ou cancelar calquera dos contidos e os servizos que a integran.
Asemade, a Universidade de Vigo se reserva o dereito a actualizar as presentes condicións de uso.
O acceso e uso do sitio web implica que o usuario acepta na súa totalidade e obrígase a cumprir por completo os termos e condicións detallados no presente aviso legal.
O acceso ao sitio web é gratuíto. A persoa usuaria comprométese a facer un uso adecuado, conforme á lei, dos contidos e servizos ofertados.
Cando unha persoa usuaria incumpra as advertencias legais e condicións de uso que aquí se especifican, a Universidade de Vigo resérvase o dereito a bloquear o seu acceso e a emprender as accións legais oportunas en defensa dos seus dereitos.
Como usuaria, toda persoa que acceda a el estará obrigada a cumprir coas seguintes obrigas:
- Usar o Portal da Investigación da Universidade de Vigo de maneira dilixente e correcta, asumindo tamén calquera responsabilidade que se puidese derivar do mal uso. Por iso, non se poderá utilizar o Portal da Investigación da Universidade de Vigo para a realización de actividades contrarias á Lei, nin con fins ou efectos ilícitos, prohibidos ou lesivos de dereitos e intereses de terceiros.
- A información que se introduza para os efectos de identificación deberá ser veraz e actualizada. É responsabilidade exclusiva do usuario/a o cumprimento desta obrigación e da información que se introduza para a identificación.
- Queda prohibido acosar, insultar, menosprezar ou dalgún modo acosar a terceiros.
- Igualmente queda prohibido, recoller ou almacenar información persoal sobre outros usuarios do Portal da Investigación da Universidade de Vigo sen cumprir a lexislación vixente en materia de protección de datos.
- Queda prohibida a venda dos contidos do Portal da Investigación da Universidade de Vigo, así como calquera uso contrario a estas condicións e política de uso.
NAVEGACIÓN COMO PERSOA USUARIA
Para acceder a algúns servizos determinados é necesaria a identificación previa como usuario/a no Portal da Investigación da Universidade de Vigo. A identificación realízase a través do Servizo de Identidade de RedIRIS (SIR), onde deberá seleccionar a institución á que pertence e identificarse coa súa conta de usuario institucional.
A primeira vez que se acceda como usuario rexistrado ao Portal da Investigación de Universidade de Vigo débese aceptar explicitamente a declaración de protección de datos persoais.
PROPIEDADE INTELECTUAL
A Universidade de Vigo é propietaria e/ou licenciataria, de toda a información contida neste Portal, do seu deseño gráfico, imaxes, bases de datos, índices, códigos fonte, marcas e logotipos, estando protexidos conforme ao disposto na Lei de propiedade intelectual, así como na Lei de marcas. A súa posta a disposición e uso, non supón, en ningún caso, a cesión da súa titularidade ou a concesión dun dereito de uso a favor do usuario/a, polo que toda reprodución, copia, distribución total ou parcial, ou, comercialización, requirirá a autorización previa e escrita da Universidade de Vigo, reservándose a entidade, en caso de uso indebido , o dereito a exercitar cantas accións legais fosen precisas para a restitución dos danos e prexuízos causados. Así mesmo a persoa usuaria obrígase a indemnizar á entidade por calquera dano ou prexuízo que puidese ocasionar polo uso desta Web, infrinxindo estas condicións xerais e/ou a legalidade vixente.
LIGAZÓNS E BÁNERS
A inclusión nesta páxina web de ligazóns con outros portais xestionados por terceiros, ten unha finalidade meramente informativa, e non supón que a Universidade de Vigo recomende e/ou garanta os devanditos portais, sobre os que non exerce control ningún, nin é responsable do seu contido. Se calquera persoa usuaria, entidade ou sitio web desexase establecer algún tipo de ligazón con destino ao Portal de Investigación da Universidade de Vigo, poderá dirixilo á páxina principal ou a calquera outra. A Universidade de Vigo non ten facultade para coñecer, controlar nin aprobar toda a información, contidos, produtos ou servizos facilitados por outros sitios web que teñan establecidas ligazóns con destino a este sitio web. En consecuencia, a Universidade de Vigo non asume ningún tipo de responsabilidade por ligazóns de terceiros dirixidas ao presente Portal de Investigación.
PROTECCIÓN DE DATOS DE CARÁCTER PERSOAL (COOKIES)
Unha cookie é un pequeno elemento de datos que un sitio web pode enviar ao programa de navegación Web da persoa usaria. Á súa vez, este elemento pode almacenarse no disco duro da computadora da persoa usuaria de maneira que lle podamos recoñecer cando regrese ao noso sitio web.
Neste sitio utilízanse os seguintes tipos de cookies:
Cookies Propias: son aquelas que se envían ao equipo terminal da persoa usuaria desde un equipo ou dominio xestionado polo propio editor e desde o que se presta o servizo solicitado pola persoa usuaria.
Cookies de Terceiros: son aquelas que se envían ao equipo terminal da persoa usuaria desde un equipo ou dominio que non é xestionado polo editor, senón por outra entidade que trata os datos obtidos través das cookies.
Cookies Técnicas: son aquelas que permiten á persoa usuaria a navegación a través dunha páxina web, plataforma ou aplicación e a utilización das diferentes opcións ou servizos que nela existan, incluíndo aquelas que o editor utiliza para permitir a xestión e operativa da páxina web e habilitar as súas funcións e servizos.
Cookies Analíticas: son aquelas que permiten ao responsable das mesmas o seguimento e análise do comportamento das persoas usuarias dos sitios web aos que están vinculadas, incluída a cuantificación dos impactos dos anuncios. A información recollida mediante este tipo de cookies utilízase na medición da actividade dos sitios web, aplicación ou plataforma, co fin de introducir melloras en función da análise dos datos de uso que fan as persoas usuarias do servizo.
Que finalidades teñen?
Depende a cookie ou a tecnoloxía utilizada serven para moitas finalidades como obter hábitos de navegación ou personalizar a forma na que se mostra o contido (idioma por exemplo). A continuación descríbense as cookies usadas, a finalidade, o propietario da cookie así como o tempo de almacenamento.
Nome da cookie | Tipo de cookie | Finalidade | Entidade encargada | Tempo de permanencia activada |
_ga | Analítica | Esta cookie é instalada por Google Analytics. A cookie utilízase para calcular os datos de visitantes, sesións, campañas e realizar un seguimento do uso do sitio web para o informe analítico do devandito sitio web. As cookies almacenan información de forma anónima e asignan un número xerado aleatoriamente para identificar visitantes únicos. | Google Analytics | 2 anos |
_gat | Analítica | Esta cookie é instalada por Google Analytics. A cookie utilízase para almacenar información sobre como os visitantes usan o sitio web e axuda a crear un informe analítico de como está a funcionar devandito sitio web. Os datos recompilados, incluídos o número de visitantes, a fonte de onde proveñen e as páxinas aparecen de forma anónima. | Google Analytics | 1 minuto |
_gid | Analítica | Google Universal Analytics instala estas cookies para reducir a velocidade de solicitude e limitar a recompilación de datos en sitios de alto tráfico. | Google Analytics | 1 mes |
cookie-agreed | Técnica | Recolle a aceptación das cookies por parte da persoa usuaria. | Propia | 99 días |
cookie-agreed-categories | Técnica | Recolle as categorías de cookies seleccionadas por parte da persoa usuaria. | Propia | 99 días |
Os datos que serán almacenados en cada cookie son os seguintes: idioma, data e hora da última vez que a persoa usuaria visitou a nosa Web, deseño de contidos que a persoa usuaria escolleu na súa primeira visita ao noso Web e elementos de seguridade que interveñen no control de acceso ás áreas restrinxidas.
Podo desactivalas?
Poderás activar ou desactivar o uso de cookies directamente desde o aviso de cookies.
Se premes no botón “Aceptar todas e continuar”, estarás a permitir o uso de todas as cookies. Se non desexas que utilicemos algunha das cookies, poderás seleccionalo no panel de configuración, facendo clic no botón “Configurar / Rexeitar cookies” do báner.
Ao premer o botón “Aceptar selección” están a aceptarse as cookies seleccionadas, ademais das cookies técnicas que permiten un correcto funcionamento do sitio web. Ao premer o botón “Rexeitar todas” están a rexeitarse todas as cookies, excepto as cookies técnicas que permiten un correcto funcionamento do sitio web
É posible configurar o seu navegador para rexeitar o almacenamento das cookies na súa computadora.
- Chrome desde aquí: https://support.google.com/chrome/answer/95647
- Firefox desde aquí: https://support.mozilla.org/es/kb/Deshabilitar%20cookies%20de%20terceros
- Edge desde aquí: https://support.microsoft.com/es-es/windows/microsoft-edge-datos-de-exploraci%C3%B3n-y-privacidad-bb8174ba-9d73-dcf2-9b4a-c582b4e640dd
- Safari desde aquí: https://support.apple.com/es-es/guide/safari/sfri11471/mac
- Opera desde aquí: https://help.opera.com/en/latest/web-preferences/#cookies
- Explorer desde aquí: https://support.microsoft.com/es-es/windows/eliminar-y-administrar-cookies-168dab11-0753-043d-7c16-ede5947fc64d