Colección de documentos en pergamiño do mosteiro de santa Comba de Navesintrodución, edición e índices

  1. Dono Lopez, Pedro
Zuzendaria:
  1. Ramón Lorenzo Vázquez Zuzendaria

Defentsa unibertsitatea: Universidade de Santiago de Compostela

Fecha de defensa: 2010(e)ko uztaila-(a)k 29

Epaimahaia:
  1. Pedro Sánchez-Prieto Borja Presidentea
  2. Ramón Mariño Paz Idazkaria
  3. Ana Maria Martins Kidea
  4. María Beatriz Vaquero Díaz Kidea

Mota: Tesia

Laburpena

O obxectivo principal da presente tese de doutoramento é a edición dos diplomas en pergamiño do mosteiro ourensán de Santa Comba de Naves, conservados no Arquivo da Catedral de Ourense, no Archivo Histórico Nacional de Madrid e no Arquivo Histórico Provincial de Ourense. A edición da colección diplomática vai precedida dun estudo introdutorio no que, en primeiro lugar, se achegan algunhas noticias sobre o cenobio (emprazamento e patrimonio territorial, orixes) e se presentan os estudos máis relevantes que del se ocuparon. A continuación, realízase unha aproximación á documentación, nomeadamente a pergamiñácea, que actualmente conservamos do priorado celanovés, con referencia aos depósitos en que se custodia e catálogos a ela respectantes, ás súas vicisitudes históricas e aos documentos que xa foron obxecto de publicación. Nun terceiro apartado préstase atención a dimensións documentais tales como os rogatarios dos diplomas, a tipoloxía documental e as linguas empregadas na súa redacción. O capítulo introdutorio péchase cunha exposición das normas seguidas para a edición e presentación dos documentos. Despois da edición da colección documental, figuran tres anexos vinculados principalmente ao apartado segundo do estudo introdutorio. O traballo complétase com catro índices: de pergamiños, de documentos, antroponímico e toponímico.