Facer literatura galega en Madrid1950-2000
- Dolores Vilavedra Fernández Zuzendaria
- Xesús Alonso Montero Zuzendarikidea
Defentsa unibertsitatea: Universidade de Santiago de Compostela
Fecha de defensa: 2009(e)ko maiatza-(a)k 15
- Antón Palacio Sánchez Presidentea
- María Xesús Nogueira Pereira Idazkaria
- Alexandre Rodríguez Guerra Kidea
- Carmen Mejía Ruiz Kidea
- Olivia Rodríguez-González Kidea
Mota: Tesia
Laburpena
A tese de doutoramento céntrase nos grupos de galegos que, entre 1950 e 2000, foron quen de crear unha literatura galega en Madrid grazas ás súas actividades individuais e colectivas (faladoiros, publicacións, cursos, conferencias, concursos, homenaxes...) Os períodos e grupos estudados son: 1952-1954: Mocedade Universitaria Castelao 1958-1961: Grupo Brais Pinto 1965-1969: Seminario de Cultura Galega do Club de Amigos da Unesco 1974-1986: Agrupación Lóstrego, Asociación Irmandade Galega, ademais doutros grupos menos conformados 1996-2000: Grupo Bilbao Para analizar como reaccionan estes galegos (maioritariamente en tránsito), para descubrir as distintas respotas a ese particular "exilio", empregouse a metodoloxía das historias de vida (metodoloxía preferida polas disciplinas extraliterarias como a socioloxía, a historia ou os estudos migratorios, pero tamén polas literarias como a literatura do exilio). Dentro do marco dos estudos dos grupos subalternos vaise descubrindo cales son os rexistros (públicos e ocultos) dos grupos de madrigalegos, os seus espazos e contraespazos de sociabilidade e a súa relación coa metrópole. En último termo, tentamos mostrar que Madrid foi un espazo para a reactivación e a continuidade da literatura galega.