As relacións sexoafectivas intermasculinas e interfemininas no trobadorismo galego

  1. Callón, Carlos
Zuzendaria:
  1. María Pilar García Negro Zuzendarikidea
  2. Manuel Ferreiro Fernández Zuzendarikidea

Defentsa unibertsitatea: Universidade da Coruña

Fecha de defensa: 2017(e)ko uztaila-(a)k 21

Epaimahaia:
  1. Xosé Bieito Arias Freixedo Presidentea
  2. Carme Fernández Pérez-Sanjulián Idazkaria
  3. María Isabel Morán Cabanas Kidea

Mota: Tesia

Teseo: 494793 DIALNET lock_openRUC editor

Laburpena

As relacións sexoafectivas intermasculinas e interfemininas no trobadorismo galego Esta disertación de doutoramento aborda a presenza das relacións sexuais e das ligazóns de afectividade intensa, non familiar, entre homes ou entre mulleres nas cantigas medievais en galego-portugués. Principia cunha contextualización histórico-literaria sobre o fenómeno trobadoresco galego e o funcionamento do xénero satírico, con especial atención ao recurso da equivocatio, e estuda tamén como o xurdimento da noción de sodomía supón un punto de inflexión na historia da sexualidade e dos afectos. Tendo en conta este marco, ofrécese unha revisión das relacións intermasculinas e interfemininas nas literaturas medievais. Delimitouse un corpus de estudo de 87 cantigas (cuxa edición instrumental se acompaña en apéndice), no cal se analizan os significantes homosexuais que se verifican neses textos ou que así foron atendidos pola crítica filolóxico-literaria nalgún momento. Após estudar algúns casos hipotéticos de poemas amatorios entre dous homes ou entre dúas mulleres, examínase e esquematízase o nutrido conxunto de invectivas en que aparecen elementos repertoriais intermasculinos ou interfemininos, cunha perspectiva de análise lingüística e literaria, mais tamén histórica e antropolóxico-social, en diálogo con outros textos xurídicos, poéticos etc.