O Museo do Pobo Galegoun caso de xestión do patrimonio cultural en Galiza

  1. Braña Rei, Fátima
Dirixida por:
  1. Marcial Gondar Portasany Director

Universidade de defensa: Universidade de Santiago de Compostela

Fecha de defensa: 10 de novembro de 2006

Tribunal:
  1. Xosé Manuel Beiras Torrado Presidente/a
  2. Fernando Acuña Castroviejo Secretario/a
  3. Robin Boast Vogal
  4. Joaquim Pais de Brito Vogal
  5. Lourdes Méndez Pérez Vogal

Tipo: Tese

Teseo: 135621 DIALNET

Resumo

A tese é un estudo de caso no que procurar solucións a problemas comúns nos museos etnográficos galegos. Os eixes desta tese de doutoramento son o coñecemento dos elementos que están a confluír nunha fractura entre os museos e a sociedade que os crea. Nela analízáronse as versións indentitarias entendéndoas como proxectos. Proxectos que unen as vontades entorno ás visións do futuro a través da solución dos problemas que o presente está a formular na Galiza actual. Para conseguir estes obxectivos é preciso analizar un caso concreto, O Museo do Pobo Galego e identificar cales son os argumentos identitarios nos que se basean as activacións etnográficas na Galiza. Con estes obxectivos, resulta imprescindíbel analizar a organización que da base as estruturas e funcións museísticas. Os problemas detectados na práctica museística: implicación social dos museos, selección e, por tanto, definición do concepto de patrimonio e a relación museo - identidade - patrimonio, están intimamente ligados coa actual política cultural e coa imaxe social que atribúe aos bens patrimonializados. Marcando unha traxectoria dos elementos que interveñen na selección de pezas, entidades e políticas da xestión patrimonial podemos establecer tipoloxías das activacións patrimoniais, de axentes patrimonializadores e de institucións museais. As unidades de análise están relacionadas coas prácticas de xestión patrimonial realizadas nos museos, as características específicas destas institucións como organizacións e as versións identitarias manexadas entre a disciplina e a práctica museística. As unidades de análise serán pois, a practica organizacional, en concreto aquela que ten que ver coas funcións a desenvolver, as versións identitarias e a xestión patrimonial, actividades e usos nos que se traducen tanto a identidade como as características da organización. A base da investigación é procurar unha análise en profundidade do Museo