Inserción sociolaboral do alumando con necesidades educativas especiais
- Pérez Rodríguez, Alberto
- Manuel Ojea Rúa Director
Universidade de defensa: Universidade de Vigo
Fecha de defensa: 28 de xullo de 2014
- Alfonso Barca Lozano Presidente/a
- Antonio González Fernández Secretario
- Elisa Jato Seijas Vogal
Tipo: Tese
Resumo
A inserción sociolaboral das persoas con discapacidade constitúe unha finalidade básica do proceso educativo adaptado como resposta aos estudantes con necesidades específicas de apoio educativo no marco dun sistema educativo caracterizado pola súa efectividade e capaz de garantir o tránsito da vida académica á vida adulta e que, a súa vez, implique un proceso de equidade dun proceso inclusivo nunha sociedade como a actual no seu máis amplo sentido. Neste contorno, os avances na investigación educativa (Grigal, Hart e Migliore, 2011; Costley, 2013; Cheng e Chau, 2013; Malak, 2013; Chen e Vazsonyi, 2013), así como, o desenvolvemento lexislativo, tanto a nivel estatal (Estratexia Española Sobre Incapacidade, 2012-2020), como no ámbito internacional (Estratexia Europea sobre Incapacidade, 2010- 2020), establecen os principios nucleares sobre os que se apoiarán os correspondentes currículos, facilitadores dunha orientación profesional, que facilite como cobertura principal a inserción social e laboral das persoas con discapacidade. Para analizar esta situación, na presente tese de doutoramento, establécense dúas partes claramente diferenciadas: 1) unha revisión teórica, que abrangue unha clasificación xeral das persoas con necesidades educativas especiais, co fin de establecer as diferenzas específicas en termos de procesamento da información, de acordo co seu diagnóstico diferencial, que permita a aplicación de programas adaptados as súas especificidades, apoiados en indicadores orientados ao desenvolvemento das habilidades sociais, habilidades de vida diaria e capacidades orientadas ao traballo, que, xunto cunha serie de competencias académicas, constitúen os aspectos esenciais desta orientación, cuxa finalidade última é incidir no marco da incorporación activa ao mundo do traballo na nosa sociedade; e 2) un estudo empírico, cuxo obxectivo xeral é coñecer en profundidade a situación académica dos planos e programas de intervención que teñen relación directa coa inserción social e laboral dos participantes seleccionados. Neste aspecto, realízase un estudo científico, triangulado, tanto de carácter cuantitativo, como cualitativo, do que formaron parte 126 alumnos e alumnas con necesidades educativas especiais, 86 profesores e profesoras e 65 pais e nais de diferentes centros educativos ordinarios e centros específicos de educación especial da Comunidade Autónoma de Galicia. As análises estatísticas e os estudos derivados das entrevistas permiten establecer os seguintes resultados xerais: 1) as variables máis importantes que prevén e inflúen de forma decisiva para facilitar a inserción social e laboral dos estudantes con discapacidade, 2) os diferentes grupos de opinión dos participantes en relación coa influenza das variables máis decisivas sobre a bondade da inserción sociolaboral, e 3) en consecuencia, a importancia da orientación profesional ao longo do proceso de ensinanza e aprendizaxe, elaborada a partir dos factores seleccionados de análise. En síntese, a inserción social e laboral debe conformar unha meta da formación regulada que inicia o alumnado con necesidades educativas especiais e para adquirila é preciso que se realice unha orientación profesional, fundamentada no desenvolvemento de estratexias funcionais e reais, que son propias da adquisición da autonomía necesaria relacionada co desempeño laboral, realizado durante todo o proceso de ensinanza e aprendizaxe das diferentes habilidades e competencias propostas no presente estudo, así como o cumprimento dos principios legais, aprobados nas disposicións vixentes, para garantir a súa incorporación aos porcentaxes establecidos para desempeñar un posto de traballo, facendo especial incidencia no desenvolvemento de postos de traballo con apoio (mediación), acordes coas necesidades específicas de apoio educativo destas persoas.