A parroquia galega a partir da "Carta Geométrica de Galicia"

  1. ÁLVAREZ MONTERROSO, Mª DEL CARMEN
Zuzendaria:
  1. Xosé Manuel Santos Solla Zuzendaria

Defentsa unibertsitatea: Universidade de Santiago de Compostela

Fecha de defensa: 2015(e)ko uztaila-(a)k 10

Epaimahaia:
  1. Rubén Camilo Lois González Presidentea
  2. Francisco Ramón Durán Villa Idazkaria
  3. Jesús Burgueño Rivero Kidea
  4. Gonzalo Méndez Martínez Kidea
  5. María Dolores Puga González Kidea

Mota: Tesia

Laburpena

A tese A parroquia galega a partir da Carta Geométrica de Galicia pretende estudar a trascendencia da Carta Geométrica de Galicia, obra magna de Domingo Fontán. Non hai ningún estudio científico posterior á problemática da Carta de Fontán sobre a importancia que representou como primeiro mapa en España que permitiu coñecer, mellor que ningún outro, o territorio de Galicia. Facíase necesario hoxe en día o avance cartográfico do coñecemento do territorio galego da Carta Xeométrica mediante altas tecnoloxías da información xeográfica O principio da investigación ubícase na elección do mapa de Domingo Fontán como base de inicio do estudo por ser o primeiro mapa de Galicia e do territorio español realizado seguindo un método científico, e por aparecer cartografiadas nel con precisión preto de 4.000 parroquias do seu tempo, con topónimos que coinciden coas fontes oficiais segundo foi posible verificar no traballo investigación tutelado que realicei titulado, ¿A vixencia da ¿Carta Geométrica de Galicia¿ de Domingo Fontán no século XXI¿ no ano 2006, como paso previo para levar adiante esta tese que me propoño completar usando tamén imaxes de satélite. Ademáis de dito traballo tutelado, outra toma de contacto directa referente a Domingo Fontán e a súa CGG foron as miñas achegas no ¿Dictame Pericial de valoración de objetos de la ¿Carta Geométrica de Galicia¿de D. Domingo Fontán Rodríguez¿ en 2005, e na exposición ¿Innovación e Territorio. O legado de Fontán ao século XXI¿ no ano 2008. Este estudo ten como obxectivo profundizar no coñecemento da evolución histórica das parroquias e da estructura administrativa en Galicia dende o século XIX ata a actualidade a partir da evolución da información cartografica feita sobre Galicia ata o século XXI, e facer unha análise da información cartográfica dende o punto de vista científico e técnico. Plantexeime como obxectivo prioritario levar a cabo o estudo exhaustivo da Carta Geométrica de Galicia como fonte básica de inspiración da tese con a que se pretende ampliar o coñecemento sobre realización do mapa, as técnicas e os instrumentos empregados, as medicións e triangulacións realizadas así como tamén os posibles erros que estes cálculos poderían ter nunha análise actualizada.