Análise microespacial do crecemento en áreas urbanasaplicación de tecnoloxías da información xeográfica no entorno da Coruña
- López Bregua, Angel
- Olga de Cos Guerra Director
- Xosé Manuel Santos Solla Director
Universidade de defensa: Universidade de Santiago de Compostela
Fecha de defensa: 05 de febreiro de 2016
- Rubén Camilo Lois González Presidente/a
- María José Piñeira Mantiñán Secretario/a
- Pedro Reques Velasco Vogal
- Alberto José Pazo Labrador Vogal
- María Isabel del Río Lafuente Vogal
Tipo: Tese
Resumo
Esta tese de doutoramento ten como principal obxectivo coñecer a evolución e incidencia do proceso de urbanización na contorna inmediata da cidade da Coruña e no propio municipio central, tanto desde o punto de vista da súa expansión física como da súa composición residencial. O principio da investigación situase na necesidade de obter de forma clara o modelo de expansión da área urbana desde a década de 1970 en pleno desenvolvementismo económico até a segunda década do século XXI. A heteroxeneidade dos tecidos urbanos e da poboación nunha área urbana, motivan que sexa preciso a utilización da análise a microescala para entender a complexidade dos espazos intrametropolitanos. Para isto utilizaremos fundamentalmente como unidades de análise, as entidades de poboación e o seccionado censual. Na investigación establecese un método de traballo para obter unha serie histórica comparativa das estruturas de análise e préstase especial atención as problemáticas espaciais derivadas da súa utilización.