A proteína μNS do reovirus aviario como ferramenta biotecnolóxicaavance no sistema "IC-Tagging" e aplicación en vacinas
- OTERO ROMERO, IRIA
- Francisco Javier Benavente Martínez Director/a
- José Manuel Martínez Costas Director/a
Universidad de defensa: Universidade de Santiago de Compostela
Fecha de defensa: 05 de febrero de 2016
- Francisco Javier Ortego Alonso Presidente/a
- Marco Eugenio Vázquez Sentís Secretario/a
- Carmen Rivas Vázquez Vocal
- Celina Costas Vocal
- Lorena Vázquez Iglesias Vocal
Tipo: Tesis
Resumen
Os reovirus aviarios son virus sen envoltura lipídica e xenoma de ARN bicatenario. Utilizan como estratexia de replicación no citoplasma da célula infectada a creación de corpos de inclusión de natureza proteica. Son os denominados viroplasmas ou factorías virais. O estudo no noso laboratorio da proteína μNS, que fundamentalmente forma estas inclusións, deu lugar ao IC-Tagging, un sistema de etiquetado molecular de proteínas con diferentes aplicacións biotecnolóxicas. Entre estas destacan: o estudo in vivo de interaccións entre proteínas e a purificación de proteínas funcionalmente activas. O traballo que agora se presenta, afonda no coñecemento do sistema e amplía as súas posibilidades de aplicación. Propóñense solucións para facer máis sinxelo o método en aplicacións in vivo. Mellórase á xeración, purificación e estabilidade das inclusións do sistema. Desenvólvese un método in vitro para o estudo da morfoxénese viral. Finalmente, preséntase os resultados acadados no uso dun tipo de inclusións do sistema IC- Tagging como vacinas.