Álbum testemuñoachegar a realidade ás crianzas

  1. Mejuto Rial, Eva Maria
Dirigée par:
  1. María Luisa Otero López Directeur/trice

Université de défendre: Universidade de Santiago de Compostela

Fecha de defensa: 14 juin 2017

Jury:
  1. Xosé López García President
  2. Dolores Dopico Aneiros Secrétaire
  3. José Ignacio Armentia Vizuete Rapporteur

Type: Thèses

Teseo: 523413 DIALNET

Résumé

Non empezan con “Era unha vez”, nin retratan mundos marabillosos onde todo é posible. O álbum testemuño é unha modalidade discursiva, conformada por texto e ilustracións, que ten como finalidade achegarlle ás crianzas contextos socio-histórico concreto e recoñecible, reflectir a realidade desde unha perspectiva literaria e buscar a reafirmación dos nenos e as nenas nun contexto social. Guerras, migracións, pobreza, exclusión social... Os álbum testemuño narran os conflitos desde a perspectiva individual e desde os ollos da infancia e constitúen, para o público infantil, o modo de entrar en contacto, en clave literaria, con fragmentos da historia, do pasado recente ou da actualidade informativa do conflito. Desde esta investigación afóndase na modalidade discursiva do álbum testemuño e na súa implantación no Estado español desde 1986 ata 2016.