Rosalía de Castro no século XXIUnha nova ollada : [actas do congreso desenvolvido en febreiro-xuño 2013]

  1. Álvarez Blanco, Rosario coord.
  2. Angueira Viturro, Anxo coord.
  3. Rábade Villar, María do Cebreiro coord.
  4. Vilavedra Fernández, Dolores coord.

Editorial: Consello da Cultura Galega

Ano de publicación: 2014

Tipo: Libro

Resumo

Co gallo da conmemoración do 150 aniversario da publicación en Vigo de Cantares gallegos, obra fundacional do Rexurdimento das letras galegas, en 2013 o Consello da Cultura Galega convocou o Congreso Rosalía de Castro no século XXI. Unha nova ollada, que se celebrou na sede da institución en Santiago de Compostela. Co afán de potenciar a medio e longo prazo a sempre precisa renovación dos estudos rosalianos, o Congreso Rosalía de Castro no século XXI. Unha nova ollada quixo poñer en diálogo tanto rosalianistas de longa data coma pertencentes ás novas xeracións investigadoras. Todos eles achegaron olladas renovadoras dende distintos campos do coñecemento tales como a historia da ciencia e do pensamento, as migracións, a ecdótica, a historia da prensa, a teoría da literatura, etc. Na publicación das actas recóllense por igual tanto as contribucións dos investigadores e investigadoras convidados como congresistas presenciais coma os relatorios dos que responderon ao noso chamamento para participaren no congreso virtual, sempre que superasen a revisión por pares anónimos. De forma extraordinaria, o Congreso de Santiago de Compostela complementouse coa programación de actividades rosalianas fóra de Galicia, incluíndo xornadas e sesións académicas das que tamén se recollen aquí as súas contribucións.