Eficacia de la mnemotecnia de la palabra clave en la adquisición de vocabulario en euskera

  1. Goñi-Artola Artola, Aitziber
Dirixida por:
  1. M. Ángeles González Fernández Director

Universidade de defensa: Universidade da Coruña

Fecha de defensa: 08 de novembro de 2019

Tribunal:
  1. Alfredo Campos García Presidente/a
  2. Montserrat Durán-Bouza Secretario/a
  3. María José Pérez Fabello Vogal

Tipo: Tese

Teseo: 607999 DIALNET lock_openRUC editor

Resumo

O obxectivo principal desta investigación era comprobar a eficacia da mnemotécnica da palabra clave na adquisición de vocabulario en éuscaro, con palabras altas e baixas en imaxe cando o recordo era a curto e longo prazo, e con listaxes curtas e longas de palabras. Tamén se quixo ver a eficacia da mnemotécnica da palabra clave na adquisición de vocabulario en éuscaro a longo prazo, en ausencia de proba de recordo inmediato con listaxes curtas de palabras, e a influencia do recordo a curto prazo no recordo a longo prazo. Para iso, empregáronse alumnos de Educación Secundaria Obrigatoria da provincia de A Coruña. Comparouse a eficacia de diferentes métodos de produción da palabra clave (compañeiros, experimentadora, participantes) e utilizouse a aprendizaxe por repetición como grupo control. Tamén se mediu a capacidade de control e de viveza de imaxe dos participantes para comprobar se influían no recordo. Atopouse que no recordo inmediato normal do total de palabras, o método da palabra clave era superior cando eran os compañeiros os que xeraban a palabra clave, fronte ás outras condicións: experimentadora, participantes e repetición