Biodiversity and microbial activity in the epi-, meso- and bathypelagic realms of the ocean

  1. Guerrero Feijóo, Elisa
Dirixida por:
  1. Marta M. Varela Director
  2. Eva Sintes Elvelin Co-director

Universidade de defensa: Universidade da Coruña

Fecha de defensa: 16 de novembro de 2017

Tribunal:
  1. Josep M. Gasol Presidente/a
  2. Eva Teira González Secretaria
  3. Xosé Antón Álvarez Salgado Vogal

Tipo: Tese

Teseo: 510343 DIALNET lock_openRUC editor

Resumo

A presente investigación examinou a variación vertical da abundancia, actividade, estructura e composición da comunidade microbiana en relación cás propiedades ópticas da materia orgánica (MOD) ó longo dunha sección lonxitudinal da costa galega (NO España, de 43ºN, 9ºO a 43ºN, 15ºO). O descenso da actividade microbiana (heterotrófica e autotrófica) coa profundidade coincidiu cun cambio na composición da comunidade microbiana. Thaumarchaeota dominou a comunidade de Arquea na columna de auga (en promedio, 83% do total de Archaea) e a súa abundancia descendeu coa profundidade, mentres a comunidade de Bacteria estivo dominada por Proteobacteria (79% de bacterias totais) na columna de auga. Cianobacteria e Bacteroidetes representaron ~ 10% da comunidade bacteriana epipeláxica, mentres SAR202 representou ~ 5% da comunidade bacteriana profunda. A calidade e cantidade da MOD exhibiu variacións verticais fortemente relacionadas co patrón de distribucion vertical das comunidades de arquea e bacteria, avaliadas por técnicas de pegada dactilar. O fraccionamento molecular da MOD estimulou o crecemento de grupos bacterianos específicos, que estiveron corelacionados con cambios nas propiedades ópticas da MOD. Finalmente, identificamos varios grupos microbianos implicados na fixación escura de carbono inorgánico no océano profundo. Os nosos resultados destacan o forte vínculo entre a cantidad e calidade da MOD con grupos microbianos específicos e o potencial para a fixación oscura de carbono dos diferentes grupos microbianos no océano profundo, indicando que a distribución dos grupos microbianos no océano oscuro está determinada pola preferencia do sustrato dipoñíbel e suxire un gran potencial metabólico dos microbios do océano profundo.