Deseño, construción e validación dun clasificador de imaxes segundo criterios estéticos

  1. Castro Pena, María Luz
Dirixida por:
  1. Adrián Carballal Co-director
  2. Juan Romero Co-director

Universidade de defensa: Universidade da Coruña

Fecha de defensa: 22 de xaneiro de 2018

Tribunal:
  1. Fernando Amilcar Bandeira Cardoso Presidente/a
  2. Nieves Pedreira Souto Secretario/a
  3. Javier Rodeiro Iglesias Vogal

Tipo: Tese

Teseo: 528053 DIALNET lock_openRUC editor

Resumo

Esta investigación propón un achegamento cara a obtención dunha medida computacional do valor estético dunha imaxe, a través de criterios como o estilo, a complexidade ou a beleza. Preténdese abordar o tema da clasificación e ordenación de imaxes segundo criterios estéticos. Para isto deseñaranse e realizaranse diferentes experimentos, cos seguintes obxectivos: 1. Validación de características obxectivas: mediante a identificación de autoría de obras de arte e a diferenciación entre pinturas e fotografías. 2. Validación da percepción estética do clasificador mediante tests psicolóxicos. 3. Validación de características subxectivas: predición da percepción de complexidade. Nestas tarefas inclúese a determinación dun conxunto de métricas óptimo para medir a complexidade estética, para o que se utilizan os métodos de compresión JPEG e fractal, a lei de Zipf e a dimensión fractal, xunto cos filtros de detección de bordes Canny e Sobel sobre un modelo de cor HSV. Os resultados obtidos compáranse con outras aproximacións e coas percepcións de humanos. Os resultados mostran que é posible predicir a complexidade percibida polos humanos a partir dunha serie de métricas da imaxe relacionadas coa complexidade e demóstrase a relevancia das métricas de estimación de complexidade baseadas no erro de compresión en clasificacións de estilo e complexidade.