Long-term changes in seaweed communities of NW Iberiaresults and tools for future studies

  1. Piñeiro Corbeira, Cristina
Dirixida por:
  1. Rodolfo Barreiro Co-director
  2. Javier Cremades Co-director

Universidade de defensa: Universidade da Coruña

Fecha de defensa: 12 de novembro de 2018

Tribunal:
  1. Emilio Fernández Suárez Presidente
  2. Julio Manuel Afonso Carrillo Secretario/a
  3. Christine Maggs Vogal

Tipo: Tese

Teseo: 574573 DIALNET lock_openRUC editor

Resumo

As macroalgas son as principais especies fundadoras de ecosistema dos sistemas costeiros rochosos dos mares temperados. Nos últimos anos observáronse cambios na súa distribución e abundancia asociados ó cambio climático e a factores locais que están afectando os ecosistemas mariños costeiros de todo o mundo. A información sobre o estado actual de conservación das macroalgas no NO de Iberia é máis ben escaso. Por isto, en esta tese se estudaron os cambios de frecuencia de ocupación de algas intermareais e os posibles mecanismos que poden estar detrás dos mesmos. No Capítulo I se estudaron os cambios de frecuencia de ocupación de 33 algas intermareais perennes comúns no NO de Iberia nos últimos 15 anos e se compararon coas tendencias temporais de algúns axentes ambientais potencialmente importantes. Nos Capítulos II Y III investigouse experimentalmente a posible implicación de factores do cambio global como o incremento de temperatura ou o enfraquecemento do afloramento ibérico nos cambios observados no campo (Capítulo I). Para finalizar, no Capítulo IV avaliouse o impacto de actividades locais como a extracción de semente de mexillón no intermareal rochoso do NO de Iberia sobre a comunidade sésil acompañante.