Cytogenetic and molecular analyses in "Palaemon" species

  1. Torrecilla Pérez, Zeltia
unter der Leitung von:
  1. Ana M. González-Tizón Doktorvater/Doktormutter
  2. Andrés Martínez-Lage Doktorvater/Doktormutter

Universität der Verteidigung: Universidade da Coruña

Fecha de defensa: 11 von Oktober von 2018

Gericht:
  1. Juan Jose Pasantes Ludeña Präsident
  2. Luis Fernández Sekretär/in
  3. Maria Filomena Lopes Adega Vocal

Art: Dissertation

Teseo: 571076 DIALNET lock_openRUC editor

Zusammenfassung

Na presente tese de doutoramento realizáronse diversos estudos xenéticos en dúas especies europeas de camarón pertencentes ao xénero Palaemon Weber, 1795 (Crustacea, Decapoda): o camarón común P. serratus (Pennant, 1777) e o camarón de roca P. elegans Rathke, 1837. A súa distribución europea e a súa similitude morfolóxica, converten estas dúas especies en interesantes candidatas para desenvolver análises citoxenéticas e de poboacións que complementen os estudos filoxenéticos existentes e que axuden a clarificar a evolución do xénero Palaemon. Ademais, debido á importancia comercial de P. serratus, esta tese pretende contribuir á xestión e conservación efectiva deste recurso natural, así como á súa trazabilidade. En primeiro lugar, empregáronse técnicas citoxenéticas baseadas en tincións convencionais, técnicas de bandeo e hibridacións in situ fluorescentes para identificar e caracterizar as devanditas especies de camarón. Os resultados obtidos revelaron disparidade no número cromosómico diploide, cariotipo e sistema de determinación sexual das dúas especies estudadas, variando dende a suposta ausencia de cromosomas sexuais heteromórficos ata o sistema múltiple de determinación sexual X1X1X2X2/X1X2Y. En segundo lugar, realizouse unha análise filoxeográfica en P. serratus para avaliar a diversidade xenética intraespecífica así como a súa estrutura poboacional. Detectouse unha pronunciada diferenciación xenética entre as poboacións atlántica e mediterránea que revelaron entre elas unha barreira filoxeográfica pouco frecuente. Finalmente, desenvolveuse un método especie-específico baseado na PCR como ferramenta de trazabilidade alimentaria para a autentificación de P. serratus e outras catro especies de lagostinos e gambas de interese comercial.