La obra literaria de Juan Emarpropuesta estética y arquitectura del texto

  1. Rico Alonso, Sonia
Dirixida por:
  1. Eva Valcárcel Director

Universidade de defensa: Universidade da Coruña

Fecha de defensa: 15 de xuño de 2018

Tribunal:
  1. Teodosio Fernández Presidente/a
  2. Carmen Luna Sellés Secretaria
  3. Patricio Lizama A. Vogal

Tipo: Tese

Teseo: 550553 DIALNET lock_openRUC editor

Resumo

A produción literaria do prosista chileno Juan Emar (1893-1964) constitúe un exercicio de vangarda pleno, no que se conxugan a busca constante de respostas sobre o funcionamento do universo, a existencia e a identidade propia co emprego de técnicas innovadoras e unha concepción da creación que desborda calquera norma e limitación. O obxectivo deste estudo consiste en revelar a produción de Emar como unha manifestación de prosa de vangarda orixinal, polo medio dunha análise profunda e exhaustiva da súa obra, tomando como fonte principal os seus cadernos de mocidade, as súas obras publicadas nos anos 30 e, por último, a súa obra magna Umbral. Fundamentaremos o estudo coa produción crítica sobre Juan Emar e con determinadas teorías narratolóxicas e filosóficas contemporáneas que permiten desvelar a obra do autor como unha manifestación artística propia da modernidade, na que destacan a coherencia do seu proxecto artístico-vital, concibido desde a adolescencia, e a constancia ao desenvolvelo até o momento do seu falecemento. Deste xeito, a obra de Juan Emar confórmase como una arquitectura, composta por todos os seus escritos, que funciona como refuxio do seu autor e substituto da vida.