Los proyectos deportivos como medio de promoción de actividad física en los centros escolares gallegostratamiento desde una perspectiva de género

  1. Mayor Villalaín, Alba
Dirixida por:
  1. Miguel González Valeiro Director

Universidade de defensa: Universidade da Coruña

Fecha de defensa: 20 de xullo de 2018

Tribunal:
  1. Rafael Martín Acero Presidente/a
  2. María Ángeles Fernández Villarino Secretaria
  3. Francisco Carreiro da Costa Vogal

Tipo: Tese

Teseo: 560501 DIALNET lock_openRUC editor

Resumo

Nos últimos anos, os estilos de vida e concretamente a práctica de actividade física foron obxecto de estudo desde diferentes ámbitos, como son o da saúde, o da educación, o social e un amplo abanico de disciplinas. Grazas a eles, sabemos que unha porcentaxe elevada de mozos no mundo, non cumpren as recomendacións e como esta situación vese agravada nas mozas. A Xunta de Galicia persegue modificar esta realidade actuando na escola. A súa proposta “os Proxectos Deportivos de Centro” está enmarcada no modelo ecolóxico tratando de acadar unha mocidade educada fisicamente, cunha familia, grupo de iguais e contorna implicados no proceso e buscando un maior impacto do que se reserva de forma exclusiva ao curriculum. A nosa investigación céntrase en coñecer a influencia que presenta esta proposta para a comunidade escolar e na súa contorna deportiva. É por iso, que a dividimos en dúas partes diferenciadas e complementarias: un estudo descritivo de desenvolvemento, referente a toda a poboación escolar con Proxectos Deportivos de Centro, composta por un total de 2.382 suxeitos; e un estudo de caso relativo aos escolares dun centro referente de entre os estudados cun total de 96 suxeitos e aos seus axentes sociais que gardan relación co proxecto desenvolvido cun total de 25 suxeitos enquisados e entrevistados. Neles, realizamos unha análise cuantitativa da evolución dos alumnos e alumnas, tras a aplicación durante dous e tres cursos académicos dos Proxectos Deportivos de Centro na práctica de actividade física e en varios factores asociados a esta; e unha análise cualitativa sobre as opinións e percepcións nos participantes do proxecto sobre como se aplicaron as medidas e se tomaron algunha en especial en favor de diminuír as diferenzas respecto ao xénero e a visibilidade destas nos documentos organizativos de centro. Con iso, podemos destacar de entre os resultados como os Proxectos Deportivos de Centro conseguiron frear o descenso na práctia de actividade física en 11 dos 16 centros estudados, así como que as charlas e medidas formativas realizadas lograron mellorar significativamente a concepción do alumnado sobre a súa propia práctica, aumentando o seu desexo por ser máis activos. Ademais, a idade identificada habitualmente como correlato da práctica, non influíu ao alumnado e mantívose a actividade física en todos os grupos muestrais. Con todo, tamén se constatou a prevalencia de actividades competitivas entre as estratexias adoptadas, algo que puido causar que as medidas non lograsen calar nunha parte do alumnado, identificado principalmente nas mozas. Estas diferenzas entre xéneros marcáronse no autoconcepto, nas satisfaccións cara ao ego ou no gusto cara á práctica regular de actividade física, pero no IES Mugardos grazas á utilización de metodoloxías inclusivas como a organización das competicións polo propio alumnado segundo as súas preferencias e onde se primou a participación feminina, conseguiu un obxectivo complicado: que os mozos lograsen aumentar o seu gusto cara ao lugar onde pasan o maior número de horas e que as mozas aumentasen significativamente a práctica de actividade física nos recreos, así como un lixeiro aumento no seu gusto cara á EF escolar. Unha vez definido o estado da situación, bríndasenos a oportunidade de divulgar as pautas para modificar e adaptar programas de actuación social en relación á inactividade física e a promoción da saúde e poder desta forma responder ás necesidades da sociedade actual da mellor maneira posible. Como achegas ao PDC por tanto, recóllense unha serie de recomendacións entre as que se dentacan: a aplicación de forma continuada e obrigatoria deste tipo de estratexias durante toda a escolarización, onde o camiño para conseguilo siga sendo considerado como fin; e a nova configuración como aspectos fundamentais do PDC a formación do profesorado e a organización de sistemas de apoio que axuden ao profesorado e escolas a desenvolver as fortalezas e afrontar as debilidades.