Efecto tóxico de microcontaminantes acuáticos emergentes sobre microalgas marinas mediante el análisis de biomarcadores de citotoxicida

  1. Seoane, Marta
Dirixida por:
  1. Ángeles Cid Director

Universidade de defensa: Universidade da Coruña

Fecha de defensa: 28 de xuño de 2018

Tribunal:
  1. Emilio Fernández Suárez Presidente
  2. Francisca Fernández Piñas Secretario/a
  3. Joao Antonio de Almeida Serôdio Vogal

Tipo: Tese

Teseo: 556713 DIALNET lock_openRUC editor

Resumo

Debido á crecente presenza de microcontaminantes emerxentes no medio mariño, xurdiu a necesidade de estudar a potencial toxicidade destes compostos sobre organismos acuáticos como as microalgas, utilizadas como indicadores da contaminación debido ao seu papel fundamental como produtores primarios. Neste traballo proponse unha aproximación metodolóxica baseada na análise citómica, para caracterizar as alteracións producidas por distintos compostos pertencentes ás principais clases de fármacos e produtos de coidado e hixiene persoal, na microalga mariña Tetraselmis suecica, e establecer marcadores específicos de contaminación que sexan sensibles e de resposta rápida. Esta microalga verde é de crecemento rápido, fácil de cultivar en laboratorio e moi utilizada en acuicultura como cultivo auxiliar. Todos os contaminantes emerxentes ensaiados, os antibióticos cloranfenicol, florfenicol e oxitetraciclina, o fármaco omeprazol, o filtro solar benzofenona‐3, o conservante triclosán e a fragrancia tonalide, provocaron alteracións fisiolóxicas en T. suecica. A autoflurescencia celular, a actividade esterasa e o potencial de membrana citoplasmático, foron os parámetros máis sensibles, mostrando alteracións significativas nas células transcorridas só 24 h de exposición aos contaminantes, antes de poder detectar cambios no crecemento ou viabilidade celular dos cultivos.