Perfiles de calidad de vida de las personas mayores dependientes usuarias de Centros de Día

  1. Magaña Terrón, Luz A.
Dirixida por:
  1. Ramón González Cabanach Director

Universidade de defensa: Universidade da Coruña

Fecha de defensa: 19 de decembro de 2019

Tribunal:
  1. Francisca Fariña Rivera Presidenta
  2. Ramón Fernández Cervantes Secretario/a
  3. Jesús Seco Calvo Vogal

Tipo: Tese

Teseo: 610535 DIALNET lock_openRUC editor

Resumo

O fenómeno do Envellecemento que ten lugar en todo o mundo trouxo como unha das súas consecuencias fundamentais a preocupación polo estudo da calidade de vida das persoas maiores e dos factores que están relacionados con ela, especialmente a saúde e a autonomía funcional. Para estudiar a calidade de vida empregamos unha mostra de 181 persoas maiores asistentes a centros de día de diversas comarcas da provincia de A Coruña, aos que se lles aplicou o CUBRECAVI. Para o tratamento dos datos realizamos unha análise de conglomerados (método quick cluster analysis), cos obxectivos de establecer os perfiles de calidade de vida destas persoas maiores e de analizar a relación entre calidade de vida e saúde (física e mental) e a autonomía funcional destas persoas, xa que envellecer conleva en moitos casos limitacións de saúde e de capacidades funcionais, así como unha maior necesidade de atención e coidado. Os nosos resultados permítennos afirmar que as persoas maiores cunha mellor saúde física e psíquica así como cunha mellor autonomía funcional presentan uns mellores niveis de calidade de vida. Asimesmo, estos resultados poñen de manifiesto que os centros de días son un relevante recurso para a mellora da calidade de vida das persoas maiores