Comunicar a innovación

  1. Lens Leiva, Jorge
  2. Pita Hermida, María José
  3. Fandiño, Xaime
  4. Regueira Rey, Carlos
  5. García Crespo, Oswaldo
Libro:
Comunicación local : da pesquisa á producción: actas do Congreso Internacional Lusocom 2006, Santiago de Compostela, 21 e 22 de abril de 2006
  1. Ledo Andión, Margarita (coord.)

Editorial: Universidad de Santiago de Compostela

ISBN: 84-9750-620-0

Ano de publicación: 2006

Páxinas: 573-615

Congreso: Congreso Internacional Lusocom (1. 2006. Santiago de Compostela)

Tipo: Achega congreso

Resumo

Todos os indicadores poñen en evidencia o atraso tecnolóxico de España en relación cos países da Unión Europea e/ou da OCDE. Esta situación agrávase aínda máis, se cabe, no caso galego. En suma, obsérvase un acentuado desequilibrio no investimento en I+D en Galiza entre o sector privado e público. O gasto acometido polo sistema público é do 60%, mentres que o gasto realizado polas empresas queda nun 40% (segundo os últimos datos publicados polo INE, correspondentes a 2003), mentres que a porcentaxe de gasto executado polas empresas no conxunto do estado español atinxiu no mesmo ano ao 54% do total. Está demostrada a existencia dunha correlación directa entre o nivel de renda per cápita dun país e o seu nivel de gasto en I+D sobre o PIB. Mais un rápido avance deste gasto (situado actualmente en Galiza no 0,86%) só pode darse cando existe unha forte especialización industrial dunha economía orientada á exportación. De feito, un sistema de I+D consolidado é aquel no que o sector empresarial asume o papel de liderado no esforzo investigador e son as empresas as que converten os activos do coñecemento en innovación e crecemento económico. Se o obxectivo é innovar, debemos fomentar a cultura científica da nosa sociedade e a comunicación preséntase como unha ferramenta insustituíbel para dar a coñecer deficiencias, necesidades e éxitos. Amenazas e oportunidades, debilidades e fortalezas deben ser analizadas e difundidas. As estratexias a emprender deben ter en conta estas premisas básicas e o seu coñecemento resulta vital. A estratexia da comunicación será decisiva para tódalas demais estratexias. A análise das estratexias comunicativas das propias empresas axudaraas tamén a detectar insuficiencias e implementar as correccións precisas. O proxecto audiovisual "Obxectivo Innovar" traballou nesas dúas direccións: facer chegar a sociedade e empresarios galegos a importancia do I+D e estudar as políticas de comunicación das empresas con proxectos de I+D xa en marcha