Estratexias de comunicación para un goberno de coalición en Galda lexislatura 2005-2009 ao posible cambio político 2016-2020
- López López, Paulo Carlos
- Puentes Rivera, Iván
- Rúas Araújo, José (coord.)
- Martínez Fernández, Valentín Alejandro (coord.)
- Rodríguez, María Magdalena (coord.)
- Puentes Rivera, Iván (coord.)
- Yaguache Quichimbo, Jenny (coord.)
- Sánchez Amboage, Eva (coord.)
Editorial: Universidad Técnica Particular de Loja ; XESCOM. Red Internacional de Investigación de Gestión de la Comunicación
ISBN: 978-9942-25-054-4
Ano de publicación: 2016
Páxinas: 1174-1193
Congreso: Simposio Internacional sobre Gestión de la Comunicación (2. 2016. ----)
Tipo: Achega congreso
Resumo
A reconfiguración das estruturas partidarias no Estado español e do propio sistema político galego logo do estoupido da crise económica, está a provocar non só modificacións a nivel da arquitectura institucional, tamén nas políticas de comunicación derivadas da configuración de gobernos de carácter coalicional. Neste sentido, para emitir unha comunicación coherente, crible e unívoca, cómpre unha descompartimentación na propia información, na elaboración da mensaxe estratéxica e un mando único no ámbito político, reservando unha porcentaxe dos postos de responsabilidade para cargos escollidos por consenso das forzas integrantes da coalición, cun perfil independente e cun rol transversal dentro do Goberno, actuando ás veces de voceiros e sendo os encargados de desenvolver unha estratexia acordada previamente no ámbito da comunicación política. Este traballo utiliza o método indutivo mediante o estudio de caso -para empregar en perspectiva comparada-, analizando o goberno de coalición de PSdeG-PSOE e BNG (2005-2009) dende un punto de vista fenomenolóxico, político, administrativo e comunicativo e coa pretensión de establecer recomendacións xerais para a Xunta de Galicia.