O primeiro día de clase no proceso de ensino-aprendizaxe de segundas linguasa unidade 0

  1. Novegil Souto, Mónica
Supervised by:
  1. Inmaculada C. Báez Montero Director

Defence university: Universidade de Vigo

Fecha de defensa: 31 July 2015

Committee:
  1. Ana Margarida Veiga Simão Chair
  2. Xosé Henrique Costas González Secretary
  3. Encarna Atienza Cerezo Committee member
Department:
  1. Lingua española

Type: Thesis

Abstract

Na presente tese quérese pór de manifesto a importancia que ten o primeiro día de clase para o proceso de ensino-aprendizaxe dunha segunda lingua no contexto educativo actual, onde a aprendizaxe autónoma e permanente se perfila como fin última mais tamén como motor dese proceso. A investigación quere chamar a atención sobre a importancia do primeiro encontro, momento especialmente significativo nas relacións humanas e, por outra parte, clave tamén na actualidade debido as novas contornas de aprendizaxe, maioritariamente en ausencia, que proveen as tic. Na primeira parte do estudo séntanse as bases teóricas que defenderán a proposta para a primeira sesión de clase. Recádase información sobre a competencia que debe adquirir o aprendente de segundas linguas, e revísase a situación actual no que atinxe ás teorías educativas en xeral e á lingüística aplicada ao ensino-aprendizaxe de segundas linguas en particular. Ademais, analízase o contexto de aula onde se determinan os papeis que os distintos actores: docentes, aprendentes e materiais, do proceso de aprendizaxe, mediados pola didáctica máis eficaz, deben asumir na aula do século XXI. A segunda parte do estudo defende un primeiro día de clase nas aulas de segundas linguas, acorde co contexto actual de aprendizaxe, que guíe a actuación dos docentes nese primeiro encontro. Fica xustificada a necesidade de realizar propostas xerais e abertas para o primeiro día, que se concretan no mesmo momento da práctica educativa adecuándose ao novo proxecto de ensino-aprendizaxe que dea comezo en cada nova ocasión.