Produción de nanofibras cerámicas mediante a técnica de fibrado láser

  1. DIESTE BLANCO, Oliver
Supervised by:
  1. Félix Quintero Martínez Director
  2. Juan María Pou Saracho Director

Defence university: Universidade de Vigo

Fecha de defensa: 15 February 2012

Committee:
  1. Alicia Amparo Duran Carrera Chair
  2. Fernando Lusquiños Rodríguez Secretary
  3. Luis Eduardo Hueso Arroyo Committee member
  4. Pedro Serra Coromina Committee member
  5. Stefano Chiussi Committee member
Department:
  1. Física aplicada

Type: Thesis

Abstract

Trátase dunha novidosa técnica para a obtención de nanofibras chamada Laser Spinning. Esta técnica permite obter micro- e nanofribras de materiais que non son fitrábeis por outras técnicas. As fibras producidas son amorfas, de composición homoxénea, e con unha xeometría uniforme, con diámetros que van dende unhas dúcias de nanómetros ate unhas poucas micras. Fronte a outras técnicas existentes, o Laser Spinning permite producir nanofibras a velocidades realmente altas, a partir de material en bruto (sen preparación previa do mesmo) e baixo condicións atmosféricas (sen necesidade de atmósfera controlada). Dado que o Laser Spinning é unha técnica con pouco tempo de existencia, a influencia que as condicións de traballo teñen sobre a xeometría das fibras obtidas segue sen estar totalmente clara. Por iso, vai ser abordado o estudo da influencia dos parámetros de procesamento nas características físico-químicas das nanofibras obtidas. Unha vez estudado o proceso en profundidade, pasaremos a funcionalizar as fibras producidas. Segundo a composición das mesmas, pdemos traballar en diferentes liñas de investigación: * Silicatos de Litio. Trátase de un material apto para a captura e secuestro de CO2 (c.c.s. polas súas siglas en ingles). Pretendemos producir fibras de este material para poder utilizalas a modo de filtro en industrias emisoras de alta cantidad de CO2 (especialmente centrais térmicas). * Aluminosilicatos con alto contido en alúmina. Poderían ser utilizadas como soporte para certos catalizadores que precisan de un material base con alto contenido en Alúmina. Outra aplicación seria a de utilizar as fibras para fabricar tecidos ignífugos, dada a alta temperatura de fusión de estas cerámicas.