A vía detritívora nas cabeceiras dos ríos forestadoso papel dunha especie dominante no ecosistema

  1. García Lago, Liliana
Dirixida por:
  1. Isabel Pardo Gamundi Director

Universidade de defensa: Universidade de Vigo

Fecha de defensa: 20 de xaneiro de 2012

Tribunal:
  1. John S. Richardson Presidente/a
  2. Mariano Lastra Valdor Secretario
  3. Marcin W. Wojewodzic Vogal
  4. Manuel A. Simões Graça Vogal
  5. Cristina María Moreira Monteiro Leal Canhoto Vogal
Departamento:
  1. Ecoloxía e bioloxía animal

Tipo: Tese

Resumo

Esta tese céntrase no estudo da cadea alimentaria dos pequenos ríos de Galicia que posúen unha elevada cantidade de árbores na ribeira tan característicos dos climas temperados, e nos invertebrados que habitan e se alimentan da materia orgánica dominante nos mesmos, os esmiuzadores. Este traballo abrangue diferentes estudos de campo e de laboratorio levados a cabo para comprobar a importancia desta especie dominante e analizar a influencia da temperatura e calidade de alimentos como factores que controlan o seu ciclo de vida e atributos ecolóxicos, o que consecuentemente podería causar un impacto sobre todo o ecosistema. A presente tese consta dunha introdución ao tema de estudio cunha revisión xeral dos conceptos e teorías ecolóxicas que están detrás deste estudo e describe a liña de investigación seguida ao longo da mesma. Esta primeira parte achéganos ao mundo da ecoloxía dos pequenos ríos forestados, destacando os seus principais compoñentes (é dicir, hábitat, recursos e consumidores) e os principais factores que poden influenciar na súa estrutura e funcionamento. Ademais, inclúe unha ampla revisión bibliográfica, as áreas de estudo, a(s) especie(s) de interese e os principais obxectivos da tese doutoral. A continuación, diferéncianse dúas seccións principais que separan os estudos levados a cabo para a realización deste traballo, en función do nivel de organización ecolóxico. A primeira sección inclúe todos os estudos a nivel de ecosistema e poboación, namentres que a segunda sección inclúe os experimentos a nivel de especie.