Análise descritiva-interpretativa sobre o impacto das pantallas de visualización de datos (pvd) na postura corporal
- GARCIA REMESEIRO, TANIA
- Agueda Gutiérrez Sánchez Directrice
Université de défendre: Universidade de Vigo
Fecha de defensa: 26 janvier 2018
- Jesús López Bedoya President
- Diego Alonso Fernández Secrétaire
- Sandra Abreu Rapporteur
Type: Thèses
Résumé
Fundamentación: Os traballadores de oficina pasan moito tempo diante dunha pantalla durante as horas de traballo. A relación entre a postura durante o traballo co ordenador e a dor de pescozo segue sendo discutible. Malia que algúns investigadores afirman unha diferenza significativa na postura da cabeza entre os pacientes con dor e sen dor cervical, aínda non están claras as relacións existentes na literatura científica. Obxectivo: Descubrir a relación existente entre a dor de pescozo e a postura inadecuada da cabeza, a columna cervicotorácica e os ombreiros, así como a relación destas coa actividade física, a discapacidade cervical e a calidade de vida dos traballadores con PVD. Método: Trátase dun deseño descritivo e transversal. A investigación realizouse cunha mostra non probabilística de suxeitos voluntarios, conformada por 88 traballadores da Consellería de Sanidade (Xunta de Galicia) avaliados mediante o software de avaliación postural SAPO e os cuestionarios: NDI, SRHI, IPAQ e SF-12. Resultados: Determinouse que o 76% da mostra ten a cabeza adiantada e o 51% os ombreiros redondeados. O ángulo da cabeza correlacionouse coa presenza de dor cervical (p <.05). Existindo unha relación significativa entre o índice de discapacidade cervical e o tempo no que permanecen sentados nun día hábil (p <.05). Conclusión: Todos os participantes do noso estudo mostraban algún tipo de alteración postural. As intervencións de saúde no lugar de traballo deberían centrarse non só no aumento dos niveis de actividade física, senón tamén en reducir o tempo que os empregados pasan sentados no traballo. A discapacidade cervical inflúe de xeito directo na calidade de vida relacionada coa saúde das persoas que sofren dun cadro clínico de dor cervical.