O plan TIC no ensino obrigatorioanálise dun lustro

  1. Añel Cabanelas, Mª Elena
Dirixida por:
  1. Manuela Raposo Rivas Director

Universidade de defensa: Universidade de Vigo

Fecha de defensa: 02 de xullo de 2015

Tribunal:
  1. Manuel Cebrián de la Serna Presidente/a
  2. María Esther Martínez Figueira Secretaria
  3. Antonio R. Bartolomé Pina Vogal
Departamento:
  1. Didáctica, organización escolar e métodos de investigación

Tipo: Tese

Teseo: 383839 DIALNET

Resumo

No ano 2007 publícase na Comunidade Autónoma de Galicia a normativa que obriga os centros educativos a elaborar un Plan de Introdución (para Educación Primaria) e Integración (para a Educación Secundaria) das Tecnoloxías da Información e a Comunicación. O proceso de implantación deste na provincia de Ourense non foi inmediato senón que, de forma progresiva, foi elaborándose nos seguintes cursos escolares. O obxectivo xeral desta investigación foi aproximarse á realidade actual do Plan TIC nos centros educativos de ensino obrigatorio da provincia de Ourense transcorridos varios anos desde a súa implantación. Como obxectivos específicos formulamos os seguintes: caracterizar o Plan TIC e constatar en que medida a realidade responde ao establecido na normativa; determinar os condicionantes da posta en marcha do Plan TIC, prestando especial atención á competencia dixital do profesorado e do alumnado e o Proxecto Abalar; comprobar a utilización da web para a difusión do Plan TIC e como espazo de comunicación e colaboración coa comunidade educativa e por último explorar diferentes aspectos relacionados co traballo dos/as dinamizadores/as das TIC nos centros educativos como responsables da implantación do Plan TIC. O estudo levouse a cabo en tres fases: exploración, a través de un cuestionario dirixido aos equipos directivos ao que responderon 38 persoas; entrada no campo, a través dun formulario electrónico e un grupo de discusión con dinamizadores/as das TIC dos centros educativos (7 docentes en total) e unha terceira e última fase de afondamento coa análise de contido das páxinas web dos centros (140 analizadas) e dos propios contidos de 13 Plans TIC revisados. A base dos procedementos da investigación son a análise descritiva e a análise de contido, polo tanto utilizamos métodos de investigación mixta, unha integración sistemática dos métodos cuantitativo e cualitativo nun só estudo coa fin de obter unha ¿fotografía¿ máis completa do fenómeno estudado. En liñas xerais as conclusións apuntan que o contido dos Plans responde de forma coherente ao establecido na normativa, aínda que o documento escrito non reflicte a realidade dos centros en canto á integración das TIC no proceso de ensino-aprendizaxe. A información obtida a través dos distintos medios dá a entender que o Plan TIC é un documento do centro elaborado a principio do curso como unha parte máis da Programación Xeral sen ter moita máis repercusión que a súa existencia como requisito legal.