Simulación in silico de fenómenos celulares de interese biotecnolóxico e biomédico
- Pérez Rodríguez, Gael
- Nuno Filipe Azevedo Director/a
- Anália Lourenço Directora
Universitat de defensa: Universidade de Vigo
Fecha de defensa: 11 de de març de 2019
- Fernando Díaz Gómez President/a
- María Reyes Pavón Rial Secretària
- Gilberto Paulo Peixoto Igrejas Vocal
Tipus: Tesi
Resum
Por mor de diversos motivos como o descoñecemento de mecanismos celulares ou o ruído biolóxico, os experimentos realizados en laboratorios (experimentos in vitro) poden producir resultados pouco precisos con respecto aos observados dentro dun organismo (experimentos in vivo). A maiores, os experimentos in vitro supoñen un custo económico e temporal potencialmente elevado. Por todas estas razóns, cada vez é máis habitual o uso dun terceiro tipo de experimentos, máis económicos en canto a diñeiro e tempo, baseados en simulacións realizadas por computadora (experimentos in silico). As simulacións realizadas por ordenador ofrecen unha alternativa válida de análise, posto que os modelos computacionais pódense desenvolver e axustar con maior facilidade á información dispoñible. Na actualidade, unha das principais formas de executar estas simulacións é mediante a utilización de modelos baseados en axentes (ABM). Os ABM están compostos por axentes (entidades autónomas), regras (lóxicas ou matemáticas), un ambiente de simulación e un conxunto inicial de condicións que definen o ambiente. Por tanto, a liña de investigación principal que seguiu esta tese foi a de realizar experimentos in silico con aplicación en áreas da Biotecnoloxía e Biomedicina, mediante a creación e utilización dunha plataforma para a simulación de modelos baseados en axentes capaz de recibir modelos biolóxicos e simular os seus datos. Estas simulacións xeran unha serie de resultados que son examinados coidadosamente por un grupo de biólogos expertos co fin de dilucidar se os datos obtidos son coherentes coa realidade.