A historia das ciencias no desenvolvemento de competencias científicasunha perspectiva socioconstructivista e de xénero

  1. Serrallé Marzoa, José Francisco
Dirixida por:
  1. Uxío Pérez Rodríguez Director
  2. María Mercedes Álvarez Lires Director

Universidade de defensa: Universidade de Vigo

Fecha de defensa: 08 de outubro de 2018

Tribunal:
  1. Pedro Membiela Iglesia Presidente/a
  2. Teresa Nuño Angós Secretario/a
  3. María Rut Jiménez Liso Vogal
Departamento:
  1. Didácticas especiais

Tipo: Tese

Resumo

A formación universitaria das futuras persoas docentes, para todas as etapas educativas de infantil, de primaria e de secundaria, realízase sobre un alumnado que xa ten recibido unha cualificación científica na súa educación regrada na escola, no colexio e no instituto, no seu tránsito polas sucesivas etapas educativas de primaria e de secundaria. Numerosos traballos de investigación poñen de manifesto, con carácter xeral, que a ensinanza nas etapas de educación primaria e de secundaria realízase cunha perspectiva e cun tratamento moi formal, excesivamente declarativo dos contidos científicos, o que leva a presentar o coñecemento científico como sinónimo dunha verdade definitiva e inmutable, a xeito dun resultado pechado de sucesivos descubrimentos acumulativos e a modo de constante perfecionamento lineal de modelos e de teorías; chegando incluso a enunciar a existencia dun “método científico” (empírico-dedutivo) de facer ciencia. Cando as futuras persoas docentes, durante a súa formación universitaria, tanto no grao como no mestrado (postgrao), non logran elaborar e interiorizar o seu modelo docente propio, tenden a repetir a metodoloxía de ensinanza recibida como alumnas ou como alumnos na escola e no instituto; bloqueando así a investigación - acción cara a novos paradigmas didácticos, a innovación pedagóxica e incluso a necesaria autoformación docente no posterior exercicio profesional. Os aspectos anteditos teñen unha innegable repercusión directa na planificación axeitada da formación universitaria do profesorado; polo tanto, é totalmente necesario investigar os factores e as influencias que propician ou atrancan a adquisición de competencias científicas na ensinanza formal do profesorado de educación primaria e de educación secundaria; así como a súas influencias para poder mellorar a oferta formativa da universidade, no deseño dos currículos, das metodoloxías docentes e na selección e utilización dos recursos didácticos máis axeitados para propiciar o logro do máximo nivel de cualificación.