Educación, sustentabilidade e xéneroun achegamento didáctico ao cambio global oceánico mediante as tic

  1. Lorenzo Rial, Maria Asuncion
Dirixida por:
  1. Emilio Fernández Suárez Director
  2. María Mercedes Álvarez Lires Director

Universidade de defensa: Universidade de Vigo

Fecha de defensa: 01 de outubro de 2019

Tribunal:
  1. Pedro Membiela Iglesia Presidente/a
  2. Teresa Nuño Angós Secretario/a
  3. Valentín Gavidia Catalán Vogal
Departamento:
  1. Ecoloxía e bioloxía animal

Tipo: Tese

Resumo

Nesta tese de doutoramento pártese dun centro de interese, o cambio ambiental global, para desenvolver competencias docentes en profesorado de Educación Primaria en formación inicial; prestouse atención especial ás tecnocientíficas. A tal fin, buscáronse sinerxías entre a educación para a sustentabilidade (ES), con perspectiva de xénero, a educación científica (EC) e as ciencias do mar (CM), encamiñadas á adquisición dunha cultura científica que contribúa a conseguir unha sociedade rexida polos principios de equidade e igualdade de xénero. Inclúese un marco teórico que sustenta as diferentes miradas que se inseriron neste traballo. Ademais, analizáronse recursos TIC sobre educación en cambio global no mar, en particular, no referente ao fenómeno da acidificación oceánica. Finalmente, adaptáronse e deseñáronse recursos TIC, recursos educativos abertos (REA), que se inseriron en secuencias didácticas que se experimentaronn en aulas de profesorado en formación inicial do Grao en Educación Primaria.