A violencia da representacióna herdanza do discurso colonial nas imaxes contemporáneas das mulleres negras
- López Díaz, Ana Jesús (ed. lit.)
- González Penín, Anabel (ed. lit.)
- Aguayo Lorenzo, Eva (ed. lit.)
Éditorial: Servizo de Publicacións ; Universidade da Coruña
ISBN: 978-84-9749-599-8
Année de publication: 2014
Pages: 201-213
Congreso: Xornada Universitaria Galega en Xénero (2. 2014. Ferrol)
Type: Communication dans un congrès
Résumé
O modo habitual de representación das mulleres negras na cultura occidental contemporánea é herdeiro directo dos discursos forxados durante o colonialismo pola antropoloxía e a ciencia, conducentes a lexitimar a conquista e a dominación dos territorios e pobos non europeos. Estes discursos situaron África nun primitivismo atávico e animalístico, fronte á civilización e o progreso que representaba Europa, e estabeleceron un modo de representación das colonias baseado na erotización do territorio a través da sexualización das mulleres. As mulleres negras foron así conceptualizadas como posuídoras dunha sexualidade hiperbólica e incontrolada, que representaba unha tentación insuperábel para o home branco. Hoxe en día, as mulleres negras continúan atrapadas na violencia simbólica deste discurso pornotrópico, ao seren representadas mediante estratexias que inciden na nudez e na sobreexposición do corpo. O seu corpo non é unicamente hipersexualizado senón tamén mercantilizado, por exemplo na linguaxe publicitaria, ao ser identificado con produtos de consumo nun exercicio de deshumanización e cousificación. Esta violencia simbólica perpetúa e lexitima estereotipos que están na base de prácticas violentas contra as mulleres negras, como pode ser a prostitución, o turismo sexual ou mesmo a exclusión do discurso nacional nas sociedades multiculturais contemporáneas.