Inmigración e violencia de xénero

  1. Verde Diego, Carmen
Libro:
II Xornada Universitaria Galega en Xénero
  1. López Díaz, Ana Jesús (ed. lit.)
  2. González Penín, Anabel (ed. lit.)
  3. Aguayo Lorenzo, Eva (ed. lit.)

Editorial: Servizo de Publicacións ; Universidade da Coruña

ISBN: 978-84-9749-599-8

Ano de publicación: 2014

Páxinas: 275-287

Congreso: Xornada Universitaria Galega en Xénero (2. 2014. Ferrol)

Tipo: Achega congreso

Resumo

Este artigo aborda a violencia de xénero que sofren as mulleres inmigrantes en España. Tenta explicar cáles son os principais factores que provocan que estas mulleres sexan máis vulnerables á violencia de xénero que outras que non viviron procesos migratorios. Isto é, pretende dar resposta ao por qué a inmigración constitúe un agravante engadido á violencia machista. Comézase cun apartado destinado a clarificar algunhas cuestións en relación ás investigacións sobre as migracións das mulleres e a súa análise a partir da categoría de xénero: é unha introdución necesaria para comprender a �invisibilidade� do fenómeno da violencia de xénero entre as mulleres inmigrantes. Continúase coa cuestión central deste traballo: as cifras sobre violencia de xénero en mulleres inmigrantes que residen en España. As Fontes sobre violencia de xénero e o tratamento da presentación dos datos estatísticos mostran cómo se ten ocultado ou sesgado o impacto da violencia de xénero entre as mulleres inmigrantes. Pero as cifras son soamente unha introdución para afondar nos factores que agravan a violencia de xénero entre este colectivo. Estes son analizados poñendo o acento, en primeiro lugar, nos condicionantes que o xénero provoca nas persoas cando migran, isto é analizando cómo as mulleres vivencian os procesos migratorios de forma diferenciada a dos inmigrantes varóns. En segundo lugar, profúndase nas características que posúen e nas situacións que viven as mulleres inmigrantes para comprender mellor os factores que as converten en persoas mais vulnerables á violencia de xénero que outras mulleres que non experimentaron unha migración. O artigo finaliza cunha reflexión persoal sobre a idoneidade e eficacia da lexislación española, dos sistemas de protección e da intervención social coas mulleres inmigrantes vítimas de violencia de xénero.