Unha experiencia de ensino de gramática galega a través de social wire
Editorial: Universidade de Vigo
ISBN: 978-84-8158-629-9
Ano de publicación: 2014
Páxinas: 129-141
Tipo: Capítulo de libro
Resumo
Neste traballo presentamos unha proposta de ensino de gramática galega botando man como usuarios da ferramenta de aprendizaxe social e colaborativo denominada Socialwire, creada por investigadores da Escola de Telecomunicacións da Universidade de Vigo. No ámbito da lingüística, coma noutros eidos, o traballo colaborativo adquiriu un grande pulo nos últimos anos, polo que resulta innegable que na actualidade case non existe dicionario nin gramática que se elabore fóra dunha dinámica de traballo en equipo. É por isto polo que debemos familiarizarnos e familiarizar o alumnado de gramática galega con este proceder de labor cooperativo e co manexo das tecnoloxías de traballo social en rede. Deste modo lograremos que o estudo da gramática, materia que adoita resultar difícil e aséptica, adquira maior atractivo e máis carga de complicidade entre os protagonistas do proceso de aprendizaxe.