Rúbricas para avaliarexperiencia de aplicación en didáctica das ciencias experimentais

  1. María M. Álvarez Lires
  2. Azucena Arias Correa
  3. Mercedes Varela Losada
  4. Francisco Javier Álvarez Lires
  5. Uxío Pérez Rodríguez
  6. José Francisco Serrallé Marzoa
Book:
Xornada de Innovación Educativa 2013

Publisher: Universidade de Vigo

ISBN: 978-84-8158-629-9

Year of publication: 2014

Pages: 299-308

Type: Book chapter

Abstract

O modelo subxacente ao EEES, socioconstrutivista, no que o alumnado constrúe e regula as súas propias aprendizaxes encamiñadas á consecución de competencias coa mediación do profesorado, esixe un cambio nas metodoloxías e por ende na avaliación. Son necesarios instrumentos de avaliación que axuden a identificar as dificultades do alumnado e as súas posibles causas para axudalo a superalas, e tamén se precisan instrumentos que contribúan a que aprenda a autoavaliarse e achar fórmulas para salvar os obstáculos, ou dificilmente aprenderá a aprender ao longo de toda a vida. Un deses instrumentos son as rúbricas. Esta investigación pon a énfase na importancia da avaliación reguladora para a aprendizaxe e exemplifica o uso das rúbricas como un instrumento de avaliación que permite a autorregulación e a realización dunha avaliación compartida co alumnado en didáctica das ciencias experimentais.