Formularios, directrices e FAQ propostos por un coordinador de grao para optimizar o proceso de elaboración e aprobación das guías docentes

  1. Virgilio Rodríguez Vázquez
Libro:
Xornada de Innovación Educativa 2013

Editorial: Universidade de Vigo

ISBN: 978-84-8158-629-9

Ano de publicación: 2014

Páxinas: 253-262

Tipo: Capítulo de libro

Resumo

A guía docente constitúe un documento complexo no seu contido, outorgándoselle ademais un elevado valor xurídico (art. 3 da Normativa de Elaboración, Aprobación e Publicación de Guías Docentes na Universidade de Vigo, aprobada polo Consello de Goberno na reunión do 9 de xuño de 2009). A esta complexidade hai que engadir que a súa elaboración debe realizarse a través dunha plataforma informática que non resulta precisamente sinxela. Neste traballo presento unha serie de documentos e formularios que elaborei durante os tres cursos académicos nos que asumín o cargo de coordinador de grao na Facultade de Dereito da Universidade de Vigo. Con esta presentación preténdese proporcionar documentos que sexan de utilidade para aqueles que exercen ou exercerán as funcións de coordinador de grao, pois poden servir de modelo aplicable a calquera plan de estudos e a calquera centro. Búscase, en definitiva, optimizar os recursos e favorecer a eficiencia no traballo que desenvolven os coordinadores de grao.