A adquisición da competencia bilingüe no alumnado de educación infantil en Galicia

  1. Ana Iglesias Álvarez
Libro:
Actas do XIII Congreso Internacional de Lingüística Xeral: Vigo, 13-15 de xuño de 2018
  1. Marta Díaz (ed. lit.)
  2. Gael Vaamonde (ed. lit.)
  3. Ana Varela (ed. lit.)
  4. María del Carmen Cabeza Pereiro (ed. lit.)
  5. José María García-Miguel Gallego (ed. lit.)
  6. Fernando Ramallo Fernández (ed. lit.)

Editorial: Universidade de Vigo

ISBN: 978-84-8158-786-9

Ano de publicación: 2018

Páxinas: 459-466

Congreso: Congreso Internacional de Lingüística Xeral (13. 2018. Vigo)

Tipo: Achega congreso

Resumo

A investigación divídese en dúas fases. En primeiro lugar, analizamos cales son as vías de entrada de cada unha das linguas ás que están expostos os nenos e nenas (input lingüístico), en función do tipo de hábitat (rural e urbano), así como o seu dominio e uso lingüístico, segundo a información que nos proporcionaron as familias, a través dun cuestionario. Os resultados analizámolos mediante o programa estatístico SPSS. Despois, xa desde unha perspectiva cualitativa, entrevistamos a unha selección de nenos e nenas de cada grupo estudado, co fin de medir a súa competencia lingüística de forma directa. Na primeira parte da entrevista, intentamos que o neno/a falase da forma máis espontánea posible, a partir de cuestións sobre a súa vida cotiá; mentres que na segunda pedímoslle que identificase unha serie de imaxes, co fin de avaliar o seu nivel de vocabulario en cada idioma. Os resultados poñen de relevo a maior competencia bilingüe, en galego e castelán, que acada o alumnado do hábitat rural; mentres que no hábitat urbano o bilingüismo é moito máis tardío e parcial, o que nos leva a reflexionar sobre o modelo de ensino bilingüe que se está aplicando actualmente en Galicia.