Que hai sobre educación social e escola nos graos de Educación Infantil, Educación Primaria e Educación Social na Universidade de Vigo?

  1. Xosé Manuel Cid
  2. Pino Díaz
Libro:
Educación social e escola: análise da última década (2006-2016)
  1. Cid Fernández, Xosé Manuel (dir.)
  2. Riveiro Olveira, Sofia (dir.)
  3. Carrera, M. Victoria (dir.)
  4. Castro Rodríguez, María Montserrat (dir.)
  5. Rodríguez Rodríguez, Jesús (dir.)
  6. Fernández de Sanmamed, Alberto (dir.)
  7. Cid, Antía (dir.)
  8. Alonso, Patricia (dir.)
  9. Candia, Francisco (dir.)

Editorial: Colexio de Educadoras e Educadores sociais de Galicia (CEESG)

ISBN: 978-84-697-7024-5

Ano de publicación: 2018

Páxinas: 249-260

Tipo: Capítulo de libro

Resumo

A escola nunca puido situarse á marxe das cuestións sociais, ainda nos momentos de maior influencia de fórmulas tecnocráticas, que a pretenderon reducir a mero axente de transmisión de coñecementos. As denuncias polo seu papel na reprodución das desigualdades sociais nunca foron totalmente silenciadas e, en moitos casos, o profesorado tomou conciencia do seu papel diante desa cuestión. Eran moitos os que pretendían que aumentasen as oportunidades formativas e de promoción social dos sectores máis desfavorecidos; aqueles profesionais da educación que puñan os intereses da infancia por enriba dos ditados da sociedade e a administración de turno. A historia do asociacionismo do maxisterio ten un compoñente sindical de reivindicación de condicións laborais, pero en boa parte dos casos, completado coas demandas dunha mellora da realidade escolar e das condicións de vida da infancia.