Ponte… nas ondas!un innovador axente educativo e de socialización

  1. Raquel Rey Vilas
  2. Xosé Manuel Cid Fernández
Livre:
Educación social e escola: análise da última década (2006-2016)
  1. Cid Fernández, Xosé Manuel (dir.)
  2. Riveiro Olveira, Sofia (dir.)
  3. Carrera, M. Victoria (dir.)
  4. Castro Rodríguez, María Montserrat (dir.)
  5. Rodríguez Rodríguez, Jesús (dir.)
  6. Fernández de Sanmamed, Alberto (dir.)
  7. Cid, Antía (dir.)
  8. Alonso, Patricia (dir.)
  9. Candia, Francisco (dir.)

Éditorial: Colexio de Educadoras e Educadores sociais de Galicia (CEESG)

ISBN: 978-84-697-7024-5

Année de publication: 2018

Pages: 369-380

Type: Chapitre d'ouvrage

Résumé

A Asociación Cultural e Pedagóxica Ponte... nas ondas! é unha experiencia no contexto das comunidades fronteirizas, que asombrou á sociedade cunha proposta cultural de superación das fronteiras mentais, contribuíndo positivamente no desenvolvemento e valorización da cultura e patrimonio inmaterial dos pobos. Dende a primeira iniciativa da xornada de radio interescolar ata a presentación da Candidatura do Patrimonio Inmaterial Galego-Portugués ante a UNESCO para que o declare como Obra Mestra da Humanidade, existe un longo camiño de preparación e organización de proxectos e actividades culturais. O que nun principio naceu como un proxecto para un día concreto converteuse nunha cita anual que cada ano adquire máis adeptos e dimensións educativas e culturais. Posteriormente supuxo o enriquecemento e creación de máis cultura social ata chegar a converter a Ponte... nas ondas! nunha das asociacións consultoras do patrimonio inmaterial na UNESCO definitivamente neste mesmo ano 2016. Ponte... nas ondas! é unha experiencia radiofónica que comezou en 1995 grazas á cooperación entre escolas do ensino básico e secundario de Galiza e de Portugal. Nos seus inicios tratábase dunha xornada de doce horas de emisión e, a partir do ano 2003, coa implicación das e dos estudantes das universidades, pasou a ser de 24 horas de programación. Alumnas e alumnos do Campus de Ourense da titulación de Educación Social traballaron arreo dende as cero horas ata as dez da mañá do día seguinte conseguindo emitir programas de radio en directo con diferentes formatos, tales como música, entrevistas, concursos... Unha xornada experimental que pronto se converteu nunha experiencia radiofónica que fixo que as persoas participantes conviviran e aprenderan nun contexto educativo diferente ao formal. Nenas e nenos agrupando voces ou experiencias na sala dos micros e outro grupo de rapaces e rapazas recibindo as chamadas das variadas persoas, participando nas actividades para esa xornada, facían dese día algo máxico