A escola non foi feita para todos os sectores da infanciareflexións e propostas de profesionais da educación social

  1. Raquel Prada Leal
  2. Xosé Manuel Cid Fernández
Libro:
Educación social e escola: análise da última década (2006-2016)
  1. Cid Fernández, Xosé Manuel (dir.)
  2. Riveiro Olveira, Sofia (dir.)
  3. Carrera, M. Victoria (dir.)
  4. Castro Rodríguez, María Montserrat (dir.)
  5. Rodríguez Rodríguez, Jesús (dir.)
  6. Fernández de Sanmamed, Alberto (dir.)
  7. Cid, Antía (dir.)
  8. Alonso, Patricia (dir.)
  9. Candia, Francisco (dir.)

Editorial: Colexio de Educadoras e Educadores sociais de Galicia (CEESG)

ISBN: 978-84-697-7024-5

Ano de publicación: 2018

Páxinas: 381-397

Tipo: Capítulo de libro

Resumo

A historia da educación conta con iniciativas constantes en defensa da igualdade de oportunidades escolares de nenos e nenas en idade escolar. O período contemporáneo, agás en momentos de dominación de ideoloxías totalitarias, caracterízase pola proliferación de discursos tendentes a esa suposta igualdade, aínda que sen precisar as dimensións concretas que debe acadar. A práctica mostra que a aplicación destes principios tropeza sistematicamente cos atrancos instalados no propio corazón do sistema educativo: a dobre rede pública-privada, as desigualdades de xénero, raza, clase social, procedencia, capital cultural familiar, entre outros. As leis democráticas, os proxectos de centro, os regulamentos van adoptando unha linguaxe axeitada aos requirimentos dunha escola para todos e todas, pero a linguaxe non abonda para darlle a volta á realidade. No caso que nos ocupa, seguen existindo atrancos evidentes para os integrantes do Sistema de Protección de Menores de cara á superación das etapas escolares e a participación en condicións de igualdade da vida social e laboral. No caso das/os rapazas/es que forman parte do Sistema de Protección de Menores (SPM), a elevada porcentaxe de fracaso escolar é alarmante, constituíndo unha gran barreira á hora de superar a desigualdade social da que parten. Entrevistamos a educadores e educadoras con experiencia profesional neste campo e sinalan causas estruturais da escola e do SPM que están no fondo desta discriminación, propoñendo medidas que poderían mellorar considerablemente a situación