A necesidade das/os profesionais da educación social nas casas de acollida de atención a vítimas de violencia de xénero

  1. Noelia Bargiela Romero
  2. Yolanda Rodríguez Castro
Libro:
Educación social e escola: análise da última década (2006-2016)
  1. Cid Fernández, Xosé Manuel (dir.)
  2. Riveiro Olveira, Sofia (dir.)
  3. Carrera, M. Victoria (dir.)
  4. Castro Rodríguez, María Montserrat (dir.)
  5. Rodríguez Rodríguez, Jesús (dir.)
  6. Fernández de Sanmamed, Alberto (dir.)
  7. Cid, Antía (dir.)
  8. Alonso, Patricia (dir.)
  9. Candia, Francisco (dir.)

Editorial: Colexio de Educadoras e Educadores sociais de Galicia (CEESG)

ISBN: 978-84-697-7024-5

Ano de publicación: 2018

Páxinas: 425-435

Tipo: Capítulo de libro

Resumo

O obxectivo principal deste estudo é visibilizar a importancia do papel do educador/a social nas casas de acollida de violencia de xénero a través de entrevistas semi-estruturadas a tres profesionais deste ámbito e deste recurso. Os resultados da investigación mostran a importancia desta profesión con este colectivo e concretamente nas casas de acollida e tamén a importancia dos educadores e educadoras sociais para erradicar as desigualdades sociais entre homes e mulleres, problema principal da violencia de xénero. Podemos observar tamén a importancia de que sexa a muller a protagonista do seu proceso dentro da casa de acollida e a envergadura da escoita activa por parte das profesionais á hora de traballar con este colectivo. Tamén se recolle parte da historia de dita institución, onde veremos como, co paso dos anos, tanto a maneira de traballar como o papel do educador e educadora social foron cambiando