A educación social na integración académica da infancia e da adolescencia con expediente no sistema de protección de menores

  1. Deibe Fernández-Simo
  2. Xosé Manuel Cid Fernández
Libro:
Educación social e escola: análise da última década (2006-2016)
  1. Cid Fernández, Xosé Manuel (dir.)
  2. Riveiro Olveira, Sofia (dir.)
  3. Carrera, M. Victoria (dir.)
  4. Castro Rodríguez, María Montserrat (dir.)
  5. Rodríguez Rodríguez, Jesús (dir.)
  6. Fernández de Sanmamed, Alberto (dir.)
  7. Cid, Antía (dir.)
  8. Alonso, Patricia (dir.)
  9. Candia, Francisco (dir.)

Editorial: Colexio de Educadoras e Educadores sociais de Galicia (CEESG)

ISBN: 978-84-697-7024-5

Ano de publicación: 2018

Páxinas: 361-367

Tipo: Capítulo de libro

Resumo

As situacións de risco social ou desamparo inciden negativamente no itinerario académico do alumnado. A escola non conta con apoios específicos para este colectivo. Mediante relatos de vida, estudos de caso e grupos de discusión, participantes egresados do sistema de protección poñen de manifesto os factores determinantes na súa evolución escolar. Os resultados revelan dificultades na coordinación entre o ámbito educativo e os recursos especializados. A administración ten pendente articular un mecanismo que posibilite unha resposta integral á infancia e á adolescencia en dificultade social para facilitar a súa inserción académica. A educación social é imprescindible para posibilitar a precisa perspectiva social da escola