Amor e violenciaunha perigosa relación nas parellas de adolescentes. Unha cuestión da educación social?

  1. Belén Martínez Cuquejo
  2. Yolanda Rodríguez Castro 1
  1. 1 Universidade de Vigo
    info

    Universidade de Vigo

    Vigo, España

    ROR https://ror.org/05rdf8595

Libro:
Educación social e escola: análise da última década (2006-2016)
  1. Cid Fernández, Xosé Manuel (dir.)
  2. Riveiro Olveira, Sofia (dir.)
  3. Carrera, M. Victoria (dir.)
  4. Castro Rodríguez, María Montserrat (dir.)
  5. Rodríguez Rodríguez, Jesús (dir.)
  6. Fernández de Sanmamed, Alberto (dir.)
  7. Cid, Antía (dir.)
  8. Alonso, Patricia (dir.)
  9. Candia, Francisco (dir.)

Editorial: Colexio de Educadoras e Educadores sociais de Galicia (CEESG)

ISBN: 978-84-697-7024-5

Ano de publicación: 2018

Páxinas: 753-768

Tipo: Capítulo de libro

Resumo

O obxectivo deste estudo consiste en analizar a percepción da Violencia de Xénero relacionada co ideal de parella e os mitos do amor romántico das e dos estudantes de 1º e 2º ciclo de Educación Secundaria Obrigatoria e comprobar a necesidade no sistema educativo da incorporación do/a profesional da Educación Social. Para realizar esta investigación, contamos coa participación de 64 estudantes, 35 rapazas e 29 rapaces, con idades comprendidas entre 12 e 17 anos, pertencentes a un IES do Concello de Xinzo da Limia. Os resultados deste estudo confirman que mozos e mozas definen as relacións de parella con cualificativos como amor, confianza e comprensión. Tamén podemos destacar que rapaces e rapazas presentan unha visión estereotipada do amor. Salientamos que maioritariamente as mozas e os mozos están de acordo co mito da media laranxa, co mito dos celos e co mito da omnipotencia. De forma diferenciada, os rapaces tamén están de acordo co mito da entrega total, mentres que as rapazas co mito dos polos opostos e da paixón eterna. Outro resultado é a dificultade que soen ter os rapaces e rapazas para identificar as situacións de violencia psicolóxica/verbal xa que as teñen normalizadas na súa forma de relacionarse. Polo tanto, consideramos que é importante traballar cos e coas adolescentes dende unha perspectiva coeducativa, na cal se rompa cos estereotipos de xénero asociados ao amor e se promovan as relacións de parella saudables, e quen mellor que o/a educador/a social, que ten as competencias e formación necesarias para levar a cabo este tipo de accións