Enfrontarse aos conflitos a través da literatura xuvenilunha selección da última década
-
1
Universidade de Vigo
info
- Cid Fernández, Xosé Manuel (dir.)
- Riveiro Olveira, Sofia (dir.)
- Carrera, M. Victoria (dir.)
- Castro Rodríguez, María Montserrat (dir.)
- Rodríguez Rodríguez, Jesús (dir.)
- Fernández de Sanmamed, Alberto (dir.)
- Cid, Antía (dir.)
- Alonso, Patricia (dir.)
- Candia, Francisco (dir.)
Editorial: Colexio de Educadoras e Educadores sociais de Galicia (CEESG)
ISBN: 978-84-697-7024-5
Ano de publicación: 2018
Páxinas: 637-649
Tipo: Capítulo de libro
Resumo
A importancia da lectura para comprender o mundo que nos rodea e comprendernos a nós mesmos é innegable. A través da lectura accédese a novos coñecementos, organízase o pensamento e propíciase a reflexión crítica. Un proceso fundamental na adolescencia e mocidade, etapas que adoitan ser convulsas e nas que a reafirmación da personalidade e a busca de referentes e modelos é crucial. Neste traballo propoñemos unha selección de media ducia de novelas xuvenís nas que se ficcionalizan problemáticas da sociedade actual, conflitos ante os que é preciso reflexionar cos máis novos e ofrecerlles puntos de vista diferentes a través dos que analizar as graves consecuencias de problemas como a drogadicción, o acoso escolar, a inmigración ilegal e o tráfico de persoas ou a marxinalidade en diversas expresións. Estas cuestións recréanse en novelas como A pomba e o degolado (2007), de Fina Casalderrey; Illa Soidade (2007), de An Alfaya; O lobishome de Candeán (2009), de Paula Carballeira; A cabeza de Medusa (2010), de Marilar Aleixandre; Todos somos (2013), de Marcos Calveiro; e Marxinados (2015), de Pepe Carballude. Esta selección está pensada para que os mediadores (educadores, docentes, bibliotecarios, familia, animadores culturais...) aproveiten as potencialidades da literatura como medio para propiciar a reflexión, asentar os hábitos lectores e comprender mellor a sociedade na que nos tocou vivir, pois a lectura brinda coa súa forza evocadora mundos máis libres e tolerantes. Ademais, incentivar a lectura é, se cabe, máis importante nunha sociedade dominada polos medios de comunicación de masas e as novas tecnoloxías, unha sociedade da información cada día máis desinformada e acrítica, de aí que obras coma as que se propoñen contribúan a espertar as conciencias e cuestionar a imaxe sobredimensionada que en ocasións os medios de comunicación, e o cinema en especial, lle dan a feitos e personaxes, mentres silencian, invisibilizan e deshumanizan as vítimas