Estimación de beneficios en espacios de uso recreativo na provincia de Pontevedra

  1. González Gómez, Manuel
Revista:
Revista galega de economía: Publicación Interdisciplinar da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais

ISSN: 1132-2799

Ano de publicación: 2001

Volume: 10

Número: 1

Páxinas: 193-210

Tipo: Artigo

Outras publicacións en: Revista galega de economía: Publicación Interdisciplinar da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais

Resumo

Este artigo presenta resultados de valoración e avaliación de distintos espacios con uso recreativo na provincia de Pontevedra. Para tres casos, o Parque Natural do Monte Aloia (MA) no Concello de Tui, o Monte Santa Tegra (MST) no Concello da Guarda e as Pozas de Mougás (PM) no Concello de Oia, calculámo-lo beneficio de uso recreativo. Para o Parque Natural das Illas Cíes (IC) estímase o valor que ten para os visitantes e para os non-visitantes a súa conservación. No Concello de Vigo obtense o valor de dous grandes parques urbanos (O Castro e Castrelos) e dos parques forestais distribuídos polas parroquias rurais. Os parques urbanos son valorados a partir da estimación da función de prezos hedónicos e os outros mediante o método de valoración continxente.