Language as a diacritical in terms of cultural and resistance identities in Galicia

  1. Iglesias Álvarez, Ana
  2. Ramallo Fernández, Fernando
Revista:
Estudios de sociolingüística: Linguas, sociedades e culturas

ISSN: 1576-7418

Ano de publicación: 2002

Título do exemplar: Sociolinguistics in Galicia: Views on diversity, a diversity of views

Volume: 3-4

Número: 2-1

Páxinas: 255-287

Tipo: Artigo

Outras publicacións en: Estudios de sociolingüística: Linguas, sociedades e culturas

Resumo

Neste artigo presentamos unha aproximación á relación entre lingua e identidade cultural en Galicia baseada na análise de nove grupos de discusión. En concreto, estamos interesados nas estratexias discursivas que reproducen os suxeitos nos procesos de construcción identitaria. Ante os rápidos cambios socioeconómicos que está provocando a fase actual da globalización, as identidades deben (re)definirse, e neste contexto as linguas minorizadas comezan a adquirir unha especial relevancia nos espacios tradicionais, converténdose nunha categoría de resistencia. Así, analizaremos as estratexias que desenvolven os actores sociais co fin de manter unha identidade propia no contexto da globalización, centrándonos especialmente na lingua galega e nas súas representacións sociais. Por outra banda, comprobaremos se estas representacións son diferentes no mundo rural e no urbano, ou ben estes dous mundos tenden tamén a fusionarse (procesos de suburbanización e contraurbanización)