Tipoloxía socioeconómica dos fogares galegos a través da aplicación de técnicas estatísticas factoriais
- López Vizcaíno, María Esther
- Sánchez Fernández, Patricio
ISSN: 1695-6427
Year of publication: 2003
Issue: 2
Pages: 21-34
Type: Article
More publications in: Revista galega de ciencias sociais
Abstract
O obxectivo deste estudio será establecer unha tipoloxía dos fogares galegos segundo certas características socioeconómicas e xeográficas relacionadas co seu nivel de ingresos, a presencia ou ausencia de certas comodidades nos mesmos, así como o seu emprazamento xeográfico. O estudio lévase a cabo mediante dúas técnicas estatísticas factoriais, a análise de correspondencias múltiple (ACM) e a análise factorial múltiple (AFM), que buscan as semellanzas e as diferencias entre as diferentes situacións dos fogares galegos a través das configuracións dos mesmos e as súas relacións entre as diferentes áreas xeográficas.