Noticia d'Os Eoas de Eduardo Pondal

  1. Forcadela, Manuel
Zeitschrift:
Anuario de estudos literarios galegos

ISSN: 1133-4533

Datum der Publikation: 2002

Nummer: 2002

Seiten: 209-220

Art: Artikel

Andere Publikationen in: Anuario de estudos literarios galegos

Zusammenfassung

A epopea decimonónica Os Eoas, froito dun longo labor de indagación e introspección, foi culminada polo seu autor, Eduardo Pondal, e contra o que ata agora se cría, antes da morte deste. Trátase, xa que logo dunha obra feita e non susceptible de ser constantemente reelaborada polos seus editores. O achado documento definitivo, encontrado por Manuel Ferreiro, conduciu a redacción dunha edición anotada do texto que vai ser, en breve, publicada pola Real Academia Galega, acompañada de amplos estudos introdutorios elaborados por X.R. Pena e Manuel Forecadela. Trátase dunha epopea simbolista, na que aproveitando as fondas raíces de alegoría a que conduce a tradición en que se inscribe, desde Homero ata Dante, o autor leva a cabo un proxecto de apropiación da personalidade de Colón para os seus propios intereses estéticos e ideolóxicos, construíndo o que, sen dúbida, será un dos capítulos máis salientables da tradición literaria galega moderna.