Estraña ave do paraíso. A recepción da obra cunqueiriana na literatura castelá

  1. Rodríguez Vega, Rexina
Revista:
Anuario de estudos literarios galegos

ISSN: 1133-4533

Ano de publicación: 2001

Número: 2001

Páxinas: 201-223

Tipo: Artigo

Outras publicacións en: Anuario de estudos literarios galegos

Resumo

Na análise da recepción da obra cunqueriana na literatura española, a través, nomeadamente, das reseñas das publicacións literarias periódicas, é posible advertir a actuación dun dobre xogo de forzas. Así, mentres se minimiza a orixe galega das obras autotraducidas, reclamando o escritro como pertenente por dereito propio ás letras españolas, factores como o particular emprego da lingua, o elemento fantástico ou o reflexo da cultura popular actúan como xeneradores de interpretacións reductoras ou esencialistas que tenden á pragmatización ou á creación dunha ficción sobreengadida propia da lectura de textos alleos á tradición nacional. A persistente identificación da obra de Cunqueiro como representantes global do país galego, e non dunha tendencia específica do sistema, indica a presencia de valores extraordinarios, de estereotipos e ideoloxía que frean a súa entrada plena no xogo de normas e modelos que caracterizan o panorama do seu tempo. Esto feito pon de relevo a ambigua posición do escritor bilingue penínsular marcado por un impreciso grao de alleidade que a miúdo dá como resultado unha certa malversación de fondos.