Aproximación crítica á obra de Lupe Gómez. Atentado ao culturalismo

  1. Baltrusch, Burghard
  2. Almeida, Ana Bela Simôes de
Aldizkaria:
Anuario de estudos literarios galegos

ISSN: 1133-4533

Argitalpen urtea: 2004

Zenbakia: 2004

Orrialdeak: 7-29

Mota: Artikulua

Beste argitalpen batzuk: Anuario de estudos literarios galegos

Laburpena

Este artigo ten como finalidade facer unha avaliación crítica da obra literaria de Lupe Gómez Arto, unha vez que en 2005 se cumpren 10 anos desde a publicación do seu primeiro e impactante poemario, agora reeditado. Arguméntase que o feito diferencial desta obra se atopa nunha autopoiseis caracterizada por unha orixinal mestizaxe de elementos feministas, surrealistas, libertarios, existencialistas e autobiográficos a partir dos leitmotives do corpo, da puta, da vaca e do berro. Rexéitanse as críticas dirixidas á presunta simplicidade e repetitividade do seu discurso poético que, sobre todo desde O útero dos cabalos, vive un momento de afondamento importante. A pesar da súa forte idiosincrasia, coidamos que a obra está a desenvolver unha mensaxe definitivamente universal e tamén renovadora tanto respecto dos paraugas nacional e patriarcal galegos como incluso tocante ao canon estético-literario.